A cabeza de lista do BNG por Lugo visitou a V Feira de Razas Autóctonas do Valadouro, “unha actividade importante para a promoción do noso patrimonio natural”
Lugo, 3 de febreiro de 2024. Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, xunto coa número 3 da candidatura, Montse Valcárcel e cargos orgánicos e institucionais do BNG, achegouse ata O Valadouro para asistir á V Feira de Razas Autóctonas, organizada pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega “Puraga”, onde anunciou as iniciativas do BNG para o patrimonio natural e a biodiversidade. Olalla Rodil explicou que “desde o BNG aplicamos os principios de protección ambiental, precaución e prevención do cambio climático como liñas chave para as nosas propostas a respecto do medio natural e da conservación das nosas razas autóctonas”.
Segundo Olalla Rodil, “o PP desde a Xunta de Galiza promoveu nos últimos anos varias reformas legais que crean unha auténtica barra libre para os grandes proxectos depredadores do territorio”. A lexislación actual facilita a aprobación destes proxectos pasando por riba dos intereses dos concellos e das persoas propietarias e constitúen unha gravísima ameaza para hábitats e especies que deberían gozar da máxima protección por estar declarados de interese comunitario e de interese prioritario.
“O medio natural do noso país está a padecer un continuado deterioro que é urxente reverter, xa que a súa conservación e protección do ten indubidábeis beneficios ecolóxicos, sociais, para a saúde e para a prevención do cambio climático” declarou Olalla Rodil, que engadiu “ten ademais grandes potencialidades económicas se impulsamos desde a Xunta de Galiza un desenvolvemento racional, responsábel e respectuoso co territorio e as comunidades locais”.
No refrerente ao cabalo galego, Rodil anunciou un plan de protección e recuperación elaborado desde o punto de vista históricon etnográficon cultural, social e económico, que atenda ao seu importante papel na preservación de hábitats de interese prioritario. “Ademais, traballaremos na creación dunha rede de centros de recuperación da fauna salvaxe, e aumentaremos a formación a respecto desta fauna e do benestar animal”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



