A candidata do BNG destacou “a potencialidade do Campus de Lugo” no eido da investigación ligada ao sector primario
Lugo, 7 de febreiro de 2024. A cabeza de lista ao parlamento galego polo BNG, Olalla Rodil, xunto con Montserrat Valcárcel, número 3 da candidatura e doutora en enxeñaría agrónoma, mantiveron un encontro con investigadoras e investigadores do campus de Lugo para presentar as propostas do BNG neste eido. Rodil pediu o apoio para o BNG o vindeiro 18 de febreiro para “dar a volta aos 15 anos perdidos que levamos en materia de I+D+i pola desidia do PP, que non considerou a investigación e a ciencia como unha materia estratéxica”.
Olalla Rodil cualificou á investigación como un “eixo estratéxico para o desenvolvemento económico e a modernización da Galiza”, e destacou a potencialidade do Campus de Lugo, cunha oferta formativa e unha labor de investigación moi ligada co sector agrogandeiro. Rodil anunciou a creación do Innogal, “unha Fundación galega para a ciencia, entendida como unha fundación sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e independente cuxo obxectivo é impulsar, promover e desenvolver a investigación e xeración de coñecemento científico, humanístico e tecnolóxico en beneficio da sociedade, do Sistema Universitario Galego, dos centros de investigación e, en xeral, do ecosistema investigador de Galiza”, explicou a candidata, e engadiu “impulsaremos a cooperación e coordinación entre os distintos axentes do ecosistema investigador galego a través da creación da Rede galega de coñecemento, ciencia e tecnoloxía”.
Actualmente, Galiza está á cola do investimento en I+D+i con respecto ao resto do estado, investindo só o 1,1% do PIB, mentres que a media estatal é do 1,43% e a europea do 2,3%. O BNG propón unha batería de medidas para reverter esta situación, comezando polo incremento do investimento en ciencia I+D de maneira progresiva até alcanzar o 3% do PIB en 2030, e adicar á ciencia e I+D, o 3% dos orzamentos. De cara a mellorar as condicións profesionais do persoal, o BNG desde a Xunta de Galiza definirá unha carreira profesional investigadora para todo o persoal científico – técnico que desenvolve a súa actividade nos centros de investigación e prestación de servizos tecnolóxicos, e creará unha verdadeira Axencia Galega da Ciencia que coordine os diferentes grupos científicos incentivando a colaboración no sistema científico, centralizando a xestión e orientando o sistema investigador cara á resolución dos problemas da sociedade.
A candidata do BNG afirmou que Galiza precisa un goberno “que aporte solucións para deixar atrás os quince anos de nefasto legado que deixa o PP”, e animou a todas as persoas “a votar BNG independentemente do voto que deran noutras eleccións, somos a única forza coas mans libres para mellorar a vida das galegas e galegos sen ter que obedecer ás ordes dos partidos estatais”.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



