O conselleiro do Mar visita as instalacións de conservas Faro de Burela
Burela, 9 de febreiro de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, subliñou como piares do éxito da industria conserveira galega a calidade excepcional da materia prima da que se dispón en Galicia e a súa aposta pola sustentabilidade e innovación tecnolóxica o que lle permite ir evolucionando e adaptándose as novas necesidades dos mercados cun consumidor cada vez máis exixente. Así o manifestou durante a visita ás instalacións da conserveira Faro de Burela no concello lucense do mesmo nome onde destacou os 35 anos de traxectoria deste empresa, pertencente a Pescados Rivela, optando por unha elaboración artesanal e tradicional que da como resultado un produto de alta calidade e con carácter gourmet.
O titular de Mar puxo de relevo a importancia da conserva dentro do conxunto da cadea mar-industria aportando 12.000 postos de traballo e cun perfil especialmente exportador que representan o 72% das vendas ao exterior de conserva do conxunto de España alcanzando os 706 millóns de euros no 2022, o que supón un crecemento do 52% en tan só unha década. Os produtos galegos foron comercializados en 85 países sendo os principais clientes estados europeos como Italia, Francia, Portugal, Países Baixos ou Alemaña.
O responsable autonómico fixo fincapé na importancia do Plan Estratéxico da Conserva de Galicia 2022-2030 que permitirá afondar nesta senda de éxito reforzando a internacionalización e a innovación do sector actuando tamén noutros eixos como a financiación, a produción, o emprego, a comercialización ou a reputación social. Unhas actuacións que contarán durante ese período con 135 millóns de euros que contrastan coa desidia e inacción do Goberno central que segue sen dar ningún paso respecto a dúas demandas do sector como son a rebaixa do IVE a estes alimentos e o Perte que permita acceder ás empresas as fondos europeos para continuar coa modernización dos seus procesos produtivos e mellorar a súa competitividade.
A máxima calidade
En Faro de Burela traballan con especies como a sardiña, a xarda ou agulla, sendo o produto estrela o bonito do norte, tamén coñecido como o Príncipe Azul de Burela, apostando por unha ampla variedade de presentacións: desde a tradicional así como outras como en paté, albóndegas, lombos, ventresca, migas e anacos. Isto, sumado á recuperación do método tradicional de envasado en cristal, o coidado por encima de todo da calidade da materia prima, dar a coñecer o “sabor a fresco” dos bos produtos en conserva permitiu potenciar a imaxe de un produto “galego de calidade”, sempre conxugando estes valores cun firme compromiso coa sustentabilidade medio ambiental que garanta o futuro dos recursos mariños.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



