“Rueda está atado ás mentiras de Feijóo e ten que aclarar de inmediato se coñecía as negociacións de Feijóo con Puigdemont sobre os indultos e a amnistía”, subliñou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia
Lugo, 13 de febreiro de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, subliñou este martes que o voto a José Ramón Gómez Besteiro “é o único útil” para conseguir un “cambio seguro e tranquilo” na Xunta de Galicia, e sacar así do Goberno galego ao PP, “o partido das mentiras e do xogo sucio”.
O Partido Popular ten “a mentira como forma de facer política. Míntelle a todos os galegos, a todos os españois, e ata lle minte aos seus propios votantes á cara, como confirmou o propio Feijóo coa amnistía e os indultos”, subliñou José Tomé. “Botaron meses atacando ao Goberno de España, atacando a todos os socialistas, con sinalamentos, con acoso e con manifestacións, berrando, en España e en Europa, que se ía romper España, que é unha humillación, unha claudicación ou unha indignidade. E resulta que eles negociaron por detrás cos independentistas indultos individualizados, á carta, a Puigdemont, e que estudiaron a amnistía”, recalcou. “Rueda está atado ás mentiras de Feijóo, e ten que aclarar de inmediato se coñecía as negociacións de Feijóo con Puigdemont sobre os indultos e a amnistía. Non pode esconderse”.
A postura con respecto á amnistía e os indultos “é outra gran mentira do Partido Popular, como as tantas que levamos soportando os lucenses de Feijóo e Rueda dende hai qunce anos. Feijóo dixo no 2009 que ía traer o AVE a Lugo, e non fixo nada. No 2020 dixo que iba solucionar o problema de Alcoa, e non fixo nada. Feijóo mentiu cos floteis, coas caixas de aforros… Mentiu dicindo que o PP votara a favor da suba das pensións, cando votaron en contra, e mentiron na crise dos pellets”. “Chegou o momento de plantarse, de dicir basta xa. Os lucenses e os galegos non merecemos estar gobernados por un partido que nos minte”, asegurou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia.
José Tomé recalcou que estas son “as eleccións dun cambio en Galicia liderado por Besteiro. O cambio seguro e tranquilo que necesitamos e que merecemos, para acabar co parón e coa incompetencia do PP, e tomar impulso, avanzar e coller o tren do futuro no que xa está o resto de España grazas ao Goberno de Pedro Sánchez”. O socialista incidiu en que José Ramón Gómez Besteiro representa a única alternativa útil para conseguilo, “ten liderado, experiencia de xestión, proxecto de futuro para o noso país, un gran equipo, e ten capacidade de diálogo e de colaboración co Goberno do Estado, pero tamén coas deputacións e cos concellos, para remar todos xuntos”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



