Nota de prensa
O BNG DE FOZ DENUNCIA O ESTADO LAMENTABLE DA PISTA DE SKATEBOARD
Foz a 2 de outubro de 2010.- O BNG de Foz denuncia o estado tan lamentable no que se atopa a pista de skateboard situada na explanada do porto e que é utilizada por numerosos rapaces e rapazas, non só de Foz senón doutras localidades da Mariña que veñen a Foz para usar esta pista.
Para o portavoz municipal do BNG, Xan Carlos González Basanta, “cando se fai unha cousa hai que tela en condicións, senón mellor non facela”. A pista de skateboard instalouse no ano 2006 e desde aquela non tivo ningún tipo de mantemento. É dicir, máis de catro anos sen o mínimo mantemento dunhas instalacións deportivas que son moi frecuentadas e usadas pola xuventude. Actualmente a pista sofre moitas deficiencias como son bordes dos módulos roídos, a falta de varandas, o deterioro do pavimento con rugosidades e fendas, a falta de limpeza das pistas, etc. Fronte a esta situación, os mozos e mozas están moi molestos á vez que preocupados polo perigo que o seu mal estado trae consigo. “Se hai algún accidente grave por motivo de non ter as instalacións en condicións a responsabilidade será sen dúbida do grupo de goberno pois están máis avisados” declara Basanta.
Segundo o BNG a imaxe que está a dar esta instalación deportiva é unha mostra máis da incapacidade e da pasividade do grupo de goberno municipal na resolución dos asuntos municipais, por estar máis ocupados nas súas leas internas e en aparentar normalidade en vez de ocuparse dos problemas dos veciños. González Basanta, o portavoz municipal do BNG, replícalle ao alcalde que “como é posible ter as instalacións neste estado tan lamentable e andar presumindo de boa xestión”.
Por eso, o BNG insta ao alcalde amañar con urxencia a pista de skate para que se poida practicar este deporte polos nosos xoves con total seguridade e nas mellores condicións.



















A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



