Ribadeo, 29 de febreiro de 2024. O alcalde, Dani Vega, amósase esperanzado nos resultados do traballo de SEPES para reactivar o polígono industrial de Ribadeo. O rexedor mantivo un encontro en Madrid coa presidenta deste ente, Leire Iglesias.
Vega contou que “a reunión que tivemos en SEPES temos que valorar que foi positiva e estamos esperanzados en que dea resultados. Levábamos moitas propostas e evidentemente temos que ir coordinados”.
O alcalde explicou que “SEPES está a disposición de facer unha revisión dos prezos, que nosoutros xa lle pedimos, e terán unha conclusión aproximadamente en maio. É unha revisión de prezos de todas as parcelas. Iso é un paso importante, cualitativo e cuantitativo. Polo tanto aí estamos nun camiño correcto, desde o noso punto de vista, para que SEPES baixe o prezo e que o revise en todas as parcelas”.
Dani Vega dixo que “tamén temos que facer unha promoción conxunta do polígono industrial. Non é algo única e exclusivamente de SEPES, o Concello debe axudar e colaborar tamén para promocionar estas parcelas, para que veñan emprendedores ao noso polígono industrial. Aproximadamente en xuño haberá unha reunión aberta para aqueles emprendedores que queiran comprar unha parcela no polígono e así poñer en marcha o seu proxecto empresarial”.
O rexedor indicou que “foi unha reunión onde propuxemos, na que SEPES escoitou e tamén propuxo. O Concello aceptou colaborar na promoción e na difusión do que é o polígono industrial de Ribadeo”.
E engadiu: “nosoutros sempre o dicimos, cando hai un espírito de entendemento, colaboración e portas abertas por parte das administracións a traballar e xestionar conxuntamente creo que estes son os pasos que hai que dar, os que dan froito e os que fan crecer Ribadeo”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



