Asegúralle ao sector “todo o compromiso e disposición” do Goberno galego para continuar a “dar facilidades” e “construír e consolidar” unha “Galicia potente, tamén no rural”
Vilalba, 1 de marzo de 2024. O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, garantiu hoxe o apoio do Goberno galego na industrialización do sector lácteo da comunidade co obxecto de acadar o 75 % do leite transformado en Galicia para o ano 2025.
“É un obxectivo ambicioso, pero realista xa que progresamos moito nos últimos anos”, argumentou en referencia á que Galicia xa industrializa arredor do 63 % do seu leite, á vez que se ten convertido na comunidade que produce o 42 % do leite de vaca de España. Rueda fixo estas valoracións na queixería do Grupo Entrepinares, cuxas instalacións en Vilalba (Lugo) visitou hoxe, acompañado do conselleiro de Medio Rural en funcións, José González.
Precisamente, o mandatario galego en funcións gabou a implicación con Galicia de industrias lácteas como a de este grupo e amosou “toda a disposición” do Goberno galego en seguir apoiando con medidas iniciativas deste tipo que xeran riqueza e emprego local.
Galicia potente, tamén no rural
En concreto, a Xunta destina 30 millóns en axudas ao sector para á transformación e á comercialización de produtos agrarios. E nesta mesma liña de pulo ao sector, Rueda apuntou o apoio do Goberno galego aos plans de crecemento destas industrias. Así, puxo como exemplo concreto a declaración de Iniciativa Empresarial Prioritaria do proxecto de ampliación en Vilalba da queixería Entrepinares que xa está en marcha cun investimento de 19 millóns de euros.
Segundo indicou, esta ampliación permitirá atender “a demanda crecente que está a rexistrar” e suporá a creación duns 40 empregos directos, que se suman aos preto de 300 que o grupo xa ten en Galicia.
O presidente en funcións incidiu no compromiso do Goberno galego en seguir ofrecendo “facilidades” ao sector e á industria láctea e tamén á actividade agrogandeira co obxecto de contribuír a “construír e consolidar” unha “Galicia potente, tamén no rural” .“Este e o camiño que hai que seguir e no que comprometo todo o apoio da Xunta”, concluíu.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



