O acto, aberto a todo o público, será o sábado 9 de marzo, ás 12:00 horas na contorna do castelo do Castrodouro
Alfoz, 4 de marzo, 2024. VIA Alfoz organiza a décima edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O evento levarase a cabo mañá sábado 9 de marzo ás 12:00 horas nas inmediacións do Castelo do Castrodouro. “Un ano mais, e xa van dez, convidamos a toda a veciñanza que libremente queira participar nesta ofrenda foral” indican desde VIA Alfoz, recordando que, coma cada ano, se depositarán doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo do Castrodouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”.
Antes de depositar as flores, lerase un escrito “en homenaxe ao enorme traballo das nosas mulleres, e en especial para as mulleres de Alfoz, que loitan cada día polo futuro do noso pobo”, Indican desde VIA Alfoz.
O acto contará, entre outros, coa presenza de Efigenia Maseda, membro de VIA Alfoz e actual alcaldesa do concello quen, a pesar dos eventos que o Concello de Alfoz ten preparado para este 8M, non quere perder este acto, que comezou de xeito espontáneo aló polo 2015, coincidindo co inicio da agrupación Veciños independentes de Alfoz. Hai que recordar que esta agrupación foi a orixe de VIA Alfoz, “que hoxe ostenta a Alcaldía, precisamente nas mans dunha muller”, subliñan desde a Dirección Executiva do partido, ao tempo que agradecen a súa presenza.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



