Vilalba, 13 de marzo de 2024. Os socialistas de Vilalba consideran “surrealista” que sexa o PP local quen denuncia o mal estado da pavillón municipal, “xa que falamos dunha situación que deriva da súa mala xestión cando estaban no goberno local”.
“Como ben sabe o PP, o actual goberno local realizou varias actuacións nos últimos anos para solucionar o problema das goteiras e o o pasado mes de outubro aprobáronse nun pleno extraordinario as obras para a reparación integral da cuberta do pavillón municipal, cun orzamento de 75.000 euros”, asegura Eduardo Vidal, secretario xeral do PSOE de Vilalba.
As obras xa están adxudicadas e só a espera dunha mellora das condicións meteorolóxicas para que comecen.
Consistirán na substitución da cuberta existente por unha nova cunhas condicións de aillamento axeitadas. Renovaranse tamén as cubertas dos vestiarios das instalacións, mellorando a súa eficiencia enerxética.
“O compromiso co deporte e as instalacións deportivas demóstrase con feitos, como esta actuación ou a recente reparación do céspede do estadio municipal A Madalena, onde o concello fará novos investimentos como as melloras na zona de venta de entradas, o acondicionamento dunha sala de prensa e dun ximnasio”, sostén Vidal.
O secretario xeral socialista engade que “o PP coñece estes proxectos e sabe que xa están en marcha, chegan tarde nas súas críticas e non aportan nada, só pretenden sacar réditos políticos do traballo de outros”.
O concello renovará tamén a pista do pavillón polideportivo do CEIP Mato Vizoso e solicitou unha subvención para mellorar a cuberta e os vestiarios do pavillón do CEIP Ínsua Bermúdez.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



