Un dos obradoiros estará destinado a menores de 30 anos con especialidades de dinamización cultural e xardinería
Barreiros, 19 de marzo de 2024. O Concello de Barreiros vén de aprobar a solicitude de dous obradoiros de emprego no que se dará formación profesional a un total de 36 persoas dos concellos de Barreiros e Ribadeo.
A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que se trata de “dous obradoiros que abranguen todas as idades e cos que se pretende formar persoal para traballos cunha importante demanda tanto no sector público como privado”.
A rexedora manifestou o agradecemento ao Concello de Ribadeo que “dá continuidade á colaboración iniciada anos atrás entre os dous Concellos para solicitar estes obradoiros que supoñen unha oportunidade formativa e laboral para a veciñanza no propio territorio, promovendo accións que buscan ampliar as saídas laborais das persoas que deciden quedar a facer as súas vidas nos nosos concellos”.
Obradoiro de garantía xuvenil “Máis Emprego”
Este obradoiro estará destinado a 16 persoas menores de 30 anos que participarán no mesmo durante 12 meses. Nel inclúese un plan formativo e de traballo en especialidades de dinamización e fomento de actividades culturais e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
Con estas especialidades preténdense desenvolver como eixos estratéxicos o desenvolvemento de actividades educativas e de lecer, así como de actividade física saudable e a xestión e organización de operacións de instalación, mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes.
Obradoiro dual de emprego “Constrúe en verde”
O obradoiro dual está dirixido a persoas maiores de 18 anos, sen límite de idade, contando cun total de 20 prazas que desenvolverán o proxecto durante nove meses. Esta tipoloxía de obradoiros contempla un programa de inserción laboral para as persoas participantes, polo que poden obter ao remate do mesmo unha contratación laboral subvencionada de 3 meses en empresas do ámbito das materias impartidas.
Nesta modalidade impartiranse as especialidades de revestimentos en construción, limpeza de espazos abertos, locais, mobiliario e instalacións industriais e xestión de residuos urbanos e industriais. Con estas modalidades ponse o foco na importancia do coidado, mantemento e rehabilitación de mobiliario e instalacións e na xestión dos residuos dun xeito eficiente e consciente.
Para o desenvolvemento destes obradoiros tamén se procederá á contratación de persoal docente e administrativo. A xestión dos mesmos, correrá a cargo do Concello de Ribadeo, para o que o Concello de Barreiros vén de aprobar sendas encomendas de xestión.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



