A Mariña, 19 de marzo de 2024. O 24 de abril terá lugar a Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística.
Esta xornada de formación estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para o vindeiro 24 de abril co obxectivo de que máis xente interesada poida participar na mesma. Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, indicou que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo no territorio, ben sexan do sector público, como técnicos das oficinas de turismo, xestores de turismo ou áreas relacionadas, etc. como do sector privado, persoal de aloxamentos, experiencias turísticas, etc. E así sexan quen de contar cunhas nocións básicas sobre o turismo xeolóxico, o patrimonio e a xeoloxía da Mariña de cara a informar e atender aos turistas e visitantes ou valorar desenvolver actuacións de xeoturismo no seu ámbito”.
Esta acción enmarcarse dentro do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña – cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo – sendo o xeoturismo ou turismo xeolóxico unha das áreas estratéxicas a desenvolver no contexto deste plan para a diversificación, redistribución e desestacionalización da actividade turística.
Equipo docente está formado por Fran Canosa, xeólogo e impulsor do turismo xeolóxico en Galicia; e Iván Rodriguez, doutor en xeoloxía e guía de xeoturismo. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en: https://forms.gle/KSPKRjpTQ1Ur7zGAA ou contactar por mail con amarinageoturismo@gmail.com e o teléfono 644 00 97 22.
Xeoruta do sábado pasado
O pasado sábado tivo lugar unha nova ruta xeolóxica guiada, nesta ocasión polas praias de Barreiros, que lles permitiu aos asistentes ver auténticos tesouros xeoloxicos habitualmente agochados entre as praias de Fontela e Arealonga.
Furnas, arcos, antigos corais, rochas realmente singulares coma as albititas e mesmo troncos fósiles foron descubertas polas participantes e explicadas polo xeólogo Iván Rodríguez na súa orixe e historia de millleiros de anos estes e millóns aqueles.
Foi una nova viaxe no tempo promovida polo Programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña no contexto do Plan de Sostibilidade Turística. A vindeira actividade está programada para este sábado, 23 de marzo, entre as praias de San Román e Xilloi, no Vicedo, que xa colgou o cartel de completo.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



