Máis de 225 persoas anotáronse xa para participar nas xornadas, que contarán con profesionais de museos de referencia internacional
Lugo, 1 de abril de 2024. A Rede Museística Provincial de Lugo convida a profesionais da museoloxía e a xestión cultural a participar na terceira edición de Estratexias da Museoloxía Social, unha proposta formativa que lles achegará a experiencia e o coñecemento de profesionais de referencia internacional no eido da investigación e a educación nos museos.
Máis de 225 persoas anotáronse para participar nas actividades desde a apertura do prazo, que se manterá aberto ata o 4 de abril. O formulario de inscrición está dispoñible en https://comunidadermpl.gal/estratexias-de-museoloxia-social-2024/
Conversas con profesionais referentes da educación e a innovación nos museos
A primeira das accións é o ciclo de conversas “Investigar e aprender no museo:outro tempo”, que se desenvolverán en liña todos os martes do 9 ao 30 de abril co obxectivo de de aprender compartindo vivencias, propostas e reflexións sobre estratexias, formatos e experiencias que traballan a xeración de novo coñecemento.
As conversas serán unha oportunidade única para escoitar e reflexionar da man de destacados profesionais da nosa contorna e do ámbito latinoamericano vinculados á educación e investigación nos museos e que son, actualmente, referentes internacionais nestes campos culturais:
• Conversa 1: Rufino Ferreras, responsable de Desarrollo Educativo do Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid e coordinador de EducaThyssen.org, e Chiqui González, xestora cultural, especialista en Infancias e Museos e ex-ministra de Innovación e Cultura da provincia de Santa Fe-Arxentina.
• Conversa 2: Olaia Fontal Merillas, directora do Observatorio de Educación Patrimonial en España -OEPE, e Nayeli Zepeda, mediadora, investigadora e co-fundadora de Educadorxs de Museos e NodoCultura (México).
• Conversa 3: Clara Boj, artista, investigadora cultural e docente en la U.P. de València. Co-directora do Programa Experimental de Mediación y Educación a través del Arte Permea-Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana e Universitat de València, e Esteban Torres Hormazábal, xefe de Educación, Mediación e Audiencias do Museo Violeta Parra de Chile e Director da iniciativa Museo de los Museos.
• Conversa 4: María Cacheda Pérez , xestora de patrimonio cultural e educadora con perspectiva feminista e inclusiva. Área de Mediación da Axencia Catalana do Patrimonio Cultural, e Johanna Palmeyro museóloga, curadora pedagóxica e impulsora de Movimiento Justicia Museal.
A inscrición nas actividades inclúe o acceso a un espazo virtual de aprendizaxe e a posiblidade de participar nun obradoiro presencial e práctico en setembro no Pazo de Tor, co obxectivo de desenvolver un exercicio de balance do escoitado, reflexión crítica e imaxinación colectiva.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



