Burela, 6 de abril. O deputado de Mar Daniel García participou este mediodía na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños en Burela, amosando o apoio da Vicepresidencia da Deputación as reivindicacións do sector pesqueiro fronte á eólica mariña.
Na mobilización, na que participaron representantes das confrarías galegas e de Asturias e que tivo tamén o respaldo da veciñanza de Burela, o sector amosou a súa oposición ao Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións ubicadas no mar. Aprobado recentemente polo goberno do Estado.
Daniel García trasladou o apoio da área de Mar e da institución provincial ao portavoz da Plataforma Torcuato Teixeira e subliñou “a necesidade de que representantes institucionais e políticos da provincia, e especialmente da Mariña, nos impliquemos na defensa dun sector fundamental para a actividade económica e o emprego nesta comarca, que ademais subministra alimentos saudables””.
Neste sentido, incidiu en “blindar os caladoiros e as zonas de actividade pesqueira das instalaciós de parques eólicos”, destacando que “a produción de enerxía renovable non pode comprometer o futuro dun sector e os ecosistemas mariños”
Na concentración participaron tamén o tenente alcalde de Burela Mario Pillado, a alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade da Mariña Ana Ermida e a concelleira de Viveiro Iria Cotelo, entre outras representantes dos concellos da comarca.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



