Antonio Ameijide explica que dende o goberno provincial levan anos sen ter “o papel relevante” que debería ter de impulso industrial e xeración de emprego xa que José Tomé, o PSOE e o BNG “non lle dan a importancia que merecen” ás iniciativas que pretenden favorecer o desenvolvemento industrial e económico e a calidade de vida dos veciños
Lugo, 22 de abril de 2024. O impulso de iniciativas empresariais e a creación de emprego son clave para o asentamento da poboación na provincia e para isto é necesario dispoñer de solo industrial no que asentar empresas ou permitir o traslado ou ampliación das súas instalacións das empresas xa existentes que o precisen, unha tarefa na que o goberno provincial “pode facer moito máis do que está a facer”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que dende o goberno provincial levan varios anos “sen ter o papel relevante que debería ter en canto ao impulso industrial e de xeración de emprego” xa que José Tomé, o PSOE e o BNG “non lle deron a importancia que merecen ás iniciativas que pretenden dotar de solo industrial ao territorio para favorecer o desenvolvemento industrial e económico e a calidade de vida dos veciños”.
Neste senso, dende o Grupo Provincial Popular defenderase unha moción no pleno deste mes para que a Deputación de Lugo leve a cabo un plan de impulso dos polígonos industriais da súa titularidade na provincia con campañas de captación de investimentos a través da busca activa de empresas e emprendedores para o seu asentamento nestas áreas, o estudo de posibles bonificacións do prezo ou outros incentivos para a venda e, todo, en colaboración con outras entidades locais.
Actuacións que deben de ir da man da construción dos polígonos industriais xa comprometidos nos diferentes concellos da provincia, como son os casos de Baralla, A Fonsagrada, Riotorto ou Triacastela, entre outros.
Ameijide explica que, ademais de abandonar aqueles compromisos adquiridos con numerosos concellos, dende o goberno de PSOE e BNG “non dan o impulso necesario” a aquelas zonas industriais xa rematadas como poden ser Castroverde, Ourol ou Paradela, onde é preciso impulsar “decididamente” a venda das parcelas “a prezos razoables” para favorecer o asentamento industrial.
Dende o Grupo Provincial Popular explica que, segundo os datos que puidemos obter, son máis de 100 parcelas nos polígonos industriais construídos pola extinta SUPLUSA en diferentes concellos da provincia. “Esta ampla dispoñibilidade de parcelas sen adxudicar evidencia a falta de interese do goberno provincial por incentivar a venda das mesmas que permita favorecer a posta en marcha de iniciativas empresariais contribuíndo ao desenvolvemento económico da provincia e, consecuentemente, ao desenvolvemento social e ao crecemento da poboación”, sinalaron.
“O interese por adquirir parcelas na maioría destas áreas industrias é baixo polo que o goberno provincial debería de poñer en marcha medidas para incentivar a venda das mesmas” afirmaron, ao que engadiron que, no caso de que o ente provincial non teña interese por realizar esta venda “podería ter a vontade de negociar cos Concellos unha posible cesión para que xestionen esas vendas con maior énfase e interese”.












A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



