Un poderoso Alcorcón dominou a primeira parte pero non logrou eses tres puntos que precisaba para entrar nos playoff ante un Burela que se viu arriba na segunda parte
Burela, 27 de abril, 2024. Ás 18.45h desta tarde, no pavillón municipal Vista Alegre, de Burela, disputábase un dos partidazos da tempada de Primeira División Iberdrola, o partido da xornada 26, Pescados Rubén Burela FS – ARRIVA A.D. Alcorcón FSF, cun resultado final 3-2. Un partido con ao redor de 900 espectadores e ao que asistiu o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares. Gran asistencia este sábado en Vista Alegre, en parte, pola volta de Peque á nosa bomboneira, aínda que esta vez como rival no seu primeiro partido de Liga non formando parte do plantel laranxa. Unha primeira parte dominada polo Alcorcón que o Burela logra remontar a partir da segunda metade do segundo tempo con moi boas intervencións de Ana Eliza, especialmente ao final do partido, un final frenético.
Comeza o partido con presión por parte dos dous equipos durante os primeiros minutos. Moito xogo de balón pero poucas chegadas a porta. A partir do minuto 5 o Alcorcón aperta con máis intensidade chegando a salvar Ana Eliza dúas situacións bastante claras que poderían poñer ao conxunto visitante por diante nesta primeira parte. Nos seguintes minutos tócalle apertar ao Burela, con varios tiros a porta sen acerto. No minuto 17 tras un tempo morto Clau López mete o 0-1 a pase de Peque nunha moi boa xogada colectiva. Chega o descanso 0-1 no marcador.
Na segunda parte presiona con intensidade o conxunto local durante os primeiros minutos ata que no minuto 24 Antía Pérez consegue empatar o encontro tras un saque de portería e un bo roubo a media pista. Pero no minuto 28 Peque chega a portería rival tras un roubo de Nere Moldes e enchufaa ao pau longo cunha definición perfecta. Por primeira vez vemos á xogadora madrileña dubidar durante décimas de segundo ante unha portería e, coma sempre, non falla. Segundos despois Antía Pérez ve a dobre amarela e é expulsada do partido, deixando ao Burela cunha perigosa desvantaxe que pode supoñerlles o partido, pero a pesar diso o Pescados Rubén continúa medrándose. No minuto 22 Julio Delgado saca a Cilene de porteira-xogadora e no minuto 33 Patricia consegue empatar de novo marcando a pracer tras unha boa circulación co xogo de 5. Dous minutos de xogo despois Cami róubaa e tras unha parede con Patricia anota o 3-2. É entón cando comeza a presionar o conxunto madrileño con xogo de 5, con Vane Sotelo como porteira-xogadora, pero non consegue derrubar a defensa do Burela sen esquecernos das numerosas e boísimas intervencións de Ana Eliza que salva varias oportunidades clara especialmente nestes últimos minutos do partido.
O Pescados Rubén Burela FS proclámase matematicamente Campión da liga Regular nesta tempada tras esta vitoria. Xogará os playoff coa vantaxe que supón o factor cancha ante dous posibles rivais, o de hoxe, o ARRIVA A.D. Alcorcón FSF ou ante o Poio Pescamar FS que hoxe logrou facer un punto en Navalcarnero gañando outro punto de vantaxe ante as madrileñas que preto estiveron de puntuar na xornada de hoxe en Vista Alegre. No próximo encontro as nosas Guerreiras Laranxas viaxan a Barcelona para atoparse co AE Lles Corts-UBAE ás 16.00h no Pavillón Campus Nord UPC.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 3-2 ARRIVA A.D. Alcorcón FSF
Pescados Rubén Burela FS (3): Ana Eliza; Dani, Cami, Irene Samper, Rafinha – cinco inicial-, Cilene, Antía Pérez, Cris Blanco, Aroa, Patricia Noelia Montoro. Entrenador: Julio Delgado.
ARRIVA A.D. Alcorcón FSF (2): Estela; Aida de Miguel, Clau López, Peque, Vane Sotelo -cinco inicial-, Laura, Tania Benito, Albita, Nere Moldes. Entrenadora: Marta García Gil.
Goles: 0-1, min.17: Clau López. 1-1, min.24: Antía Pérez. 1-2, min.28: Peque. 2-2, min.33: Patricia. 3-2, min.35: Cami.
Árbitros: Adrián Calleja Rubio, Gael García Schmid, José Enrique Rodríguez Rendal, Cristian Rodríguez Rendal.
TA: Antía Pérez.
TR: Antía Pérez (AA)























Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



