Barreiros, 29 de abril, 2024. “OLLO, CÁMARA… ACCIÓN: Reels pola igualdade” é o nome do certame que vén de convocar o Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, cuxo eixo temático central e principal cuestión a reivindicar é a igualdade real e efectiva entre as persoas de diferente xénero.
A participación no concurso está dirixida a calquera persoa desde os 12 anos (ou a cumplir neste 2024) e matriculada nun centro de ensino, que desexe participar. As pezas presentadas a concurso deberán ser pequenos vídeos de non máis de un minuto de duración, que empreguen o galego e nos cales se defenda a erradicación da desigualdade de xénero ou se mostren en clave positiva exemplos de situacións dunha igualdade real. Os reels ou microvídeos tan empregados en redes sociais como Instagram ou Tik Tok son parte da inspiración deste concurso, que busca contribuir a viralizar a importancia dunha sociedade igualitaria e que a mensaxe non deixe de estar presente nas persoas máis mozas.
O prazo de participación remata o 31 de maio de 2024 e as bases do concurso así como o documento de inscrición online están dispoñibles en https://n9.cl/ollomaoinscricionebases ou en https://n9.cl/descargarbaseseanexos se se desexa descargar en formato .PDF, así como nas redes sociais (Facebook e Instagram) do Colectivo Cultural Ollomao.
Os premios consisten nun vale por valor de 300€ para destinar á compra de material bibliográfico ou audiovisual para a persoa ou persoas autoras do vídeo gañador, e outro de 200€ e co mesmo concepto para o segundo clasificado. O xurado do certame estará composto por 5 persoas expertas e/ou vinculadas coas artes audiovisuais e coa igualdade de xénero. O acto de entrega de premios levarase a cabo o 15 de xuño nunha gala onde se darán a coñecer as persoas gañadoras e se proxectarán as pezas presentadas a concurso.
Dende Ollomao poñen a disposición de todas as persoas o enderezo electrónico colectivo.cultural.ollomao@gmail.com, así como o número de teléfono 678 54 65 26 (Marisa), para dirixir calquera dúbida ou consulta relacionada con este concurso.




















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



