Isabel Rodríguez fixo fincapé na necesidade de que os afeccionados se sitúen en lugares seguros, respectando as medidas establecidas pola organización da proba, para que o evento se desenvolva con normalidade
Lugo, 6 de maio de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a Xunta de Seguridade con motivo do VI Rally Mariña Lucense que se celebrará esta fin de semana. Isabel Rodríguez fixo fincapé na necesidade de lembrar aos afeccionados que se sitúen en lugares seguros, respectando as medidas establecidas pola organización da proba, para que o evento se desenvolva con total normalidade.
Na xuntanza que acolleu este luns a Subdelegación do Goberno definiuse un amplo dispositivo por parte das Forzas e Corpos de Seguridade para garantir a seguridade durante a celebración da proba deportiva, que transcorrerá por 5 municipios da Mariña lucense. O seu labor comprenderá desde controlar a apertura e peche de cada tramo no horario establecido ata supervisar as vías de evacuación e previr infraccións e comportamentos que atenten contra a seguridade de pilotos e público.
Este sexto Rally da Mariña Lucense terá lugar os vindeiros 10, 11 e 12 de maio e transcorrerá polos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Ourol e O Vicedo. Neste 2024, esta é a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto, constando de catro treitos distintos, todos a doble pasada, cun total de 280,94 km, dos que 88,55 km son cronometrados.
No encontro participou o presidente da Escudaría Mix Rallye Sport, organizadora da carreira; Ignacio J. Dávila; así como da Garda Civil, Subsector de Tráfico, Policía Nacional, Xefatura provincial de Tráfico, Bombeiros e de Protección Civil, ademais de representantes dos concellos polos que discorrerá o rally, e da Xunta.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



