A proposta inclúe crear un seguro público, demandar a exención de cotas á Seguridade Social, axudas ás confrarías e un plan de rexeneración das rías
Santiago de Compostela, 8 de maio, 2024. O BNG logrou este martes o compromiso do Goberno galego, a través do voto a favor do PP, a unha batería de medidas para apoiar ao sector marisqueiro e acometer a recuperación das rías galegas. En primeiro lugar, o acordo que defendeu Rosana Pérez insta á Xunta á elaboración e posta en marcha de xeito urxente e extraordinario dun plan de cobertura económica e social para as traballadoras e traballadores do mar afectados pola sucesión de condicións climatolóxicas adversas que se veñen producindo dende o mes de outubro.
O plan proposto polo Bloque, co que se comprometeu a unanimidade da Cámara, inclúe “axudas directas dende o mes de outubro e ata que se recupere a actividade con normalidade”, así como a “creación dun seguro público de produción marisqueira que asegure unha produción mínima e garanta uns ingresos e unha renda digna aos traballadores e traballadoras do mar en inactividade”.
Segundo o aprobado, o Goberno da Xunta tamén demandará do Estado a exención das cotas da Seguridade Social para as persoas afectadas ata que se recupere a actividade con normalidade, e se atenderá a situación económica das confrarías que se vexan afectadas por unha importante diminución de ingresos por mor da caída de produción marisqueira.
A iniciativa que defendeu a portavoz de Mar do goberno alternativo do BNG, Rosana Pérez, compromete ademais ao PP a “elaborar sen máis dilación e de acordo co sector, os centros de investigación da Consellería do Mar e as universidades galegas, orzamentar e executar un plan plurianual de medidas que permitan comezar a recuperación e rexeneración das rías galegas e a súa produtividade”.
Un plan que, ademais, sirva para “artellar os mecanismos necesarios para enfrontar as consecuencias que xa está a tero cambio climático no comportamento e cantidade dos distintos recursos e na actividade pesqueira, mexilloeiro e marisqueira de Galiza.
“Sigan polo bo camiño, aprobando as iniciativas do BNG”
Rosana Pérez lembrou que o BNG defendeu este martes “por enésima vez” a proposición non de lei aprobada hoxe, e de aí a “sorpresa” que lle causou o voto a favor do PP, ao que animou a “seguir polo bo camiño aprobando as iniciativas do BNG”, neste caso para dar resposta á situación de extrema gravidade que atravesa o sector do marisqueo pola
pola abundancia de choivas que se rexistraron a partir de outubro e o devalo produtivo que se está a producir dende hai máis dunha década.
“Ata hai ano e pouco o PP até negaba unha e outra vez a perda de produtividade nas rías galegas”, subliñou a deputada nacionalista, que máis unha vez enumerou algúns dos efectos da situación que se está a vivir nas rías: mortaldade masiva do marisco, peche de bancos, inactividade e a “perda inxente” de ingresos que afecta a miles de traballadoras e traballadores, e ertes nunha morea de confrarías. “En definitiva, unha situación de absoluta emerxencia”, resumiu.
Na defensa da proposta, a deputada da Pobra do Caramiñal criticou ao Goberno do PP, ao que acusou de dar as costas ao sector do marisqueo. Referiuse, neste sentido, á escasa contía das axudas convocadas en plena campaña electoral e só para unha parte dxs afectxs: “Non saben que facer con tantos cartos, até non sei se terán que pagar na declaración da renda”, ironizou, subliñando ademais que o PP anunciou catro millóns en axudas e só foron abonados dous.
Acordo sobre os criterios das axudas
O BNG conseguiu tamén o apoio da Comisión 8º do Parlamento a outra importante iniciativa, pola que se insta ao Goberno galego a modificar o proxecto de orde de axuda 2024 para as persoas mariscadoras afectadas pola paralización temporal en diferentes bancos marisqueiros intermareais de Galiza, de xeito que os 120 días de actividade extractiva non teñan que ser verificados necesariamente coas notas de venda realizadas nas lonxas ou centros ou centros de venda autorizados, co obxectivo primordial de evitar os posíbeis prexuízos que puideran ter lugar.
Rosa Pérez destacou a transcendencia dos dous acordos acadados este martes no Parlamento sobre cuestións que o BNG vén demandando dende hai moito tempo, e advertiu de que agora os deputados nacionalista estarán vixiantes para que o Goberno da Xunta cumpra co votado.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



