Gonzalo Trenor afirma que “pedir, como fai o BNG, que se informe positiva ou negativamente con anterioridade sería prevaricar”
Compostela, 14 de maio de 2024. O deputado do Grupo Popular Gonzalo Trenor insistiu hoxe no Pleno do Parlamento galego que “valorar que o proxecto de Altri en Palas de Rei cumpre a normativa vixente corresponde a un órgano técnico composto por profesionais das administracións públicas, todos eles moi cualificados e que traballan con total independencia”, polo que manifestou que “pedir, como fai o BNG, que se informe positiva ou negativamente con anterioridade sería prevaricar”.
Gonzalo Trenor dixo que “os do BNG son os do non, os da mentira, os das fotos falsas, os das fake news e os dos bulos”, polo que pediu que “se deixe traballar con tranquilidade, obxectividade, rigor e imparcialidade ao persoal das distintas consellerías, que teñen moito que analizar para poder asegurar que o proxecto de Altri cumpre toda a normativa vixente”.
Ao longo da súa intervención, o deputado popular lamentou “as incontables mentiras que desde o BNG se están a lanzar sobre este proxecto industrial”. Así, negou que a Xunta estea a promover o proxecto de Altri en Palas de Rei, “porque se trata dunha iniciativa privada dunha empresa e o único que fai a Xunta é promover e incentivar o crecemento económico apoiando proxectos industriais, sempre e cando sexan respectuosos co medio ambiente e creen riqueza e emprego de calidade”.
“Menten cando falan de dimensións xigantescas da factoría con 366 hectáreas, cando a realidade é que a superficie que terá a fábrica será menos dun terzo do que afirman; ou cando aseguran que impactará no ámbito de protección BIC do Camiño de Santiago, cando o punto máis próximo á ruta xacobea sitúase a tres quilómetros da planta”, sinalou.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



