Viveiro, 20 maio de 2024. A tenenta de alcaldía do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, mantivo hoxe unha reunión de traballo con Diego Piñeiro, técnico encargado do novo plan de accesibilidade da vila; Santiago Meitín, arquitecto municipal, e Alejandro Rodríguez, arquitecto de COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.
Na reunión, comezaron a definir as zonas, itinerarios e accións que incluirá o plan, “que conectará os principais equipamentos de Viveiro, resolvendo as rampas e corrixindo os pasos de peóns e pavimentos que a día de hoxe dificultan os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida”, explica Míriam Bermúdez.
“Queremos que sexa una ferramenta que mellore a vida das persoas con mobilidade reducida e sirva de beneficio para persoas maiores, con carriños de bebés ou con doenzas temporais, en definitiva, para toda a veciñanza”, engade.
O plan impulsará unha conexión fácil e accesible entre os principais equipamentos de Viveiro, cumprindo a normativa de accesibilidade vixente e co obxectivo dunha vila máis amable cos peóns, máis aberta e máis inclusiva.
“Queremos facer un Plan de Accesibilidade para Viveiro que teña no centro as demandas das persoas con discapacidade, facendo de Viveiro un lugar accesible e cómodo para todas as persoas”, remata Míriam Bermúdez.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



