Ribadeo, 3 de xuño de 2024. O Concello realiza traballos de recuperación e mellora da área recreativa de Santa Cruz coa axuda da Xunta de Galicia e coa coordinación da Comunidade de Montes.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “dende o Concello seguimos colaborando coa Comunidade de Montes de Santa Cruz e nestes momentos estamos actuando nun desmeste das árbores, mellorando todo o solo da área recreativa, o miradoiro de Santa Cruz e tamén os monumentos, como é o monumento ao gaiteiro e tamén a cruz. É un traballo coordinado coa comunidade de montes grazas á colaboración da Xunta de Galicia, concretamente do Seaga”.
O rexedor dixo que “estamos facendo un traballo de recuperación dun espazo medioambiental, dun pulmón de Ribadeo, dese lugar que todos adoramos e queremos, que é Santa Cruz, e desde logo tamén estamos mirando un espazo turístico que debemos poñer en valor”.
Vega lembrou que “o ano pasado xa fixéramos certas actuacións de poda e desbroce, pero neste ano xa quedaramos en facer ese desmeste de árbores. Non tiña moito sentido permitir que Santa Cruz seguira así, cunha invasión de árbores, e hai que seguir traballando para recuperar todo un espazo que é moi importante para Ribadeo, desde un punto de vista medioambiental pero tamén desde un punto de vista turístico. E tamén estamos a traballar para recuperar a Casa da Ría. En breve informaremos porque xa temos unha proposta clara para renovar todo o edificio e tamén enchelo de contido”.
O alcalde ribadense engadiu: “seguimos traballando e tamén dándolle as grazas á Comunidade de Montes de Ove por todo ese traballo que fai de coordinación, de colaboración co Concello e de posta en valor dun espazo tan importante como é Santa Cruz”.



















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



