A actuación contempla a mellora dos accesos á Praia do Torno, a instalación das estruturas das duchas ou a instalación de aparca bicicletas
Cervo, 19 de xuño, 2024. O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora e acondicionamento do litoral enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos Fondos NextGenerationEU.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata a Praia do Torno para ver in situ a actuación que contempla a mellora dos accesos, a instalación das bases das duchas e de varios aparca bicicletas na contorna do paseo “para equipar a praia destes elementos que cada día son máis requiridos polas persoas usuarias deste recursos natural do noso municipio”.
En concreto, a actuación supón un investimento próximo aos 50.000 euros – 48.312,87 euros exactamente- e permitirá dotar a esta zona tan frecuentada durante o verán de mellores infraestruturas e equipamentos adaptados e integrados co medio que tamén contribuirán a mellorar a estética e a accesibilidade e farán máis confortable a estancia nas nosas praias nestes meses de verán, apuntou a rexedora.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



