Nota de prensa:
O BNG COMPARTE AS PREOCUPACIÓNS VECIÑAIS SOBRE A INSTALACIÓN DUNHA MARQUESIÑA XIGANTE EN BARREIROS. OS NACIONALISTAS DENUNCIAN ADEMÁIS QUE CO INVESTIMENTO DE 220.000 EUROS SE ARRANXARÁN OS DESPERFECTOS CAUSADOS POR UN EDIL POPULAR NA RÚA QUE CIRCUNVALA O CONCELLO.
Barreiros, 18 de outubro de 2010. O BNG comparte as preocupacións veciñais sobre a instalación dunha marquesina xigante en Barreiros. Os nacionalistas denuncian ademáis que o presuposto de 220.000 euros inclúe o arranxo dos desperfectos causados por un edil do PP na rúa que circunvala o Concello.
Desde o Bloque Nacionalista Galego sinalan que “entre os veciños de Barreiros existe bastante preocupación sobre todo desde que saiu a noticia de que fronte á praza do Concello se ía instalar unha marquesiña xigante de 20 metros para dar cabida a un autobús e moitos se preguntan qué é o que vai ocorrer, cánto se vai ocupar da praza… todos eses datos estarán no proxecto e o BNG vaino consultar e vaino comentar cos veciños, dado que segundo eles incluso desde asociación non se lles comunicou nada por parte do Concello. Nos sorprende esta actitude, aínda que xa estamos acostumados a este proceder desde o equipo de goberno”. No BNG lembran que se trata dun proxecto que “suporá un desembolso de 220.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Nós somos escépticos con este investimento e coa rendabilidade que poida ter porque nun contexto de crise desde logo que hai que optimizar ao máximo cada euro que entra no Concello”.
Aos nacionalistas barreirenses parécelles “curioso que se inclúa o asfaltado ou o pavimentado de toda a rúa que circunvala o edificio do Concello nese proxecto. Hai xa máis dun ano que o BNG preguntou quen ía reparar ese vial que se atopaba deteriorado despois de facer as excavacións para unha vivenda unifamiliar que un concelleiro do PP fixo nesa zona. Hai máis dun ano que esa casa está rematada, pero ese concelleiro non repuxo os danos producidos nesa rúa e todos os veciños estivemos sofrindo esa situación durante todo este tempo cando circulábamos por alí cos coches”.
O BNG xa advertira desta problemática “e por parte do Concello e dese concelleiro en pleno contestaron que unha vez rematadas as obras de excavación se procedería a deixar a rúa no seu estado inicial ou mellor, pero a nosa sorpresa foi cando no pasado pleno o alcalde nos dixo que non se fixo, pero que como xa hai un proxecto para pavimentar todo arredor do Concello onda vai incluida esa marquesiña xigante, entón chegamos á conclusión de que a ese concelleiro do PP os desperfectos lle sairon gratis porque os vai pagar todo o Concello, vanse pagar con cartos públicos de todos os galegos e as galegas e isto xa non o podemos aguantar máis porque chove sobre mollado. Non falemos xa dos cartos públicos que se poñen para legalizar obras cando non os puxeron os que os tiñan que poñer”.
Os nacionalistas entenden que “lle botan moita cara tanto o alcalde como ese concelleiro do PP, xa que os veciños están e estiveron a sofrir as consecuencias da súa prepotencia durante todos estes meses”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



