O responsable autonómico destaca que a participación do Goberno galego permitiu achegar ao Tribunal Xeral da Unión Europea información precisa das repercusións económicas e sociais da prohibición establecida nos territorios afectados
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acude este xoves, en apoio do sector pesqueiro galego, á vista oral na que se abordará o recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela en conxunto con 16 compañías afectadas contra o veto da Comisión Europea á pesca de fondo ante o Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) en Luxemburgo. O Goberno galego comparece neste procedemento en calidade de coadxuvante da parte demandante polo impacto negativo desta decisión que afecta directamente a 200 embarcacións e indirectamente a outras 946 de artes menores.
O titular de Mar destaca o traballo realizado ata o momento polo Goberno galego ante o tribunal comunitario, rebatendo os puntos de incidencia técnica e científica alegados pola Comisión e o Parlamento Europeo demostrando que o palangre demersal destinado á captura de pescada como especie obxectivo non reúne as condicións sinaladas no Regulamento base, á vez que esta modalidade de palangre non figura na clasificación establecida sobre protección dos ecosistemas mariños vulnerables (EMV) de alta mar fronte aos efectos adversos da utilización de artes de fondo.
Nesta liña, recorda o respaldo á tese galega de outros organismos científicos como o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), organismo que asesora á Comisión, e que indicou que esta medida non ten base científica. Tamén pon en valor un recente informe do Parlamento Europeo que referenda o que ven defendendo a Xunta e o sector: o veto á pesca de fondo nas 87 zonas de augas comunitarias non está fundamentada e non atende ás particularidades das diferentes artes como o palangre ou a volanta. “Lamentamos que a Comisión non tivera realizado informes como a estes previamente a decidir unhas prohibicións arbitrarias e que poñen en risco o futuro de parte da frota e milleiros de empregos, xa que non teñen en conta o impacto socioeconómico” sinala o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Neste sentido o impacto socioeconómico desta decisión é outro dos apoios nas alegacións presentadas ante o Alto Tribunal xa que o peso do sector pesqueiro na economía galega ten un peso no seu valor engadido bruto (VAB) 25 veces superior ao de a UE e 6 veces superior ao do conxunto do Estado español. Tanto é así que se trata da principal actividade económica nun terzo dos concellos galegos.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



