A Xunta debe garantir as contratacións para cubrir as baixas por vacacións, enfermidade e xubilacións do persoal sanitario
A Mariña, 11 de xullo 2024. En rolda de prensa celebrada hoxe en Burela o BNG advertiu da grave situación que atravesa a sanidade pública na Mariña xusto no comezo dunha época estival donde a comarca multiplica a poboación. O deputado no Parlamento Daniel Castro, o deputado provincial Daniel García e o responsable comarcal Antonio Veiga, acompañados de cargos institucionais da comarca deron conta das reiteradas deficiencias e falta de persoal nos centros de saúde.
“Desde o BNG vimos denunciando en numerosas ocasións no Parlamento o deterioro da sanidade pública como consecuencia de quince anos de recortes e privatizacións do goberno do PP ao fronte da Xunta, que se tén convertido nun perigo para a saúde das galegas e dos galegos, porque o PP ignorou premeditadamente a súa responsabilidade de planificar e organizar o bo funcionamento do sistema público de saúde, tanto no que se refire á correcta dotación de persoal, a mellora da atención primaria e á dotación do financiamento que permita á Consellería de Sanidade dispor dos medios necesarios para garantir o dereito á saúde pública, gratuíta e universal da poboación” manifestou Daniel Castro, que centrou as súas críticas nos numerosos e graves casos de falta de persoal nos centros de saúde dos diferentes concellos da comarca, tal como corroboraron tamén os edís nacionalistas presentes na rolda de prensa que deron conta das situacións que se están a vivir nos seus respectivos concellos.
Centros de saúde en risco de colapsar, concello a concello
Así, hai casos coma o de O Vicedo, que de dúas prazas a cubrir, unha está no aire, dispoñendo dunha médica con contratos temporais. No centro de saúde de Viveiro hai que agardar 15 días para unha consulta, 21 días para receitas, non hai dentista, estiveron 2 meses sen matrona por non cubrir a súa baixa, no turno de mañá hai 5 médicos de 7 que lle corresponden e no de tarde 2 de 4.
No Valadouro deixan ao centro de saúde sen ningún médico e despois das mobilizacións veciñais de abril e xuño cubren só unha praza cun médico xubilado. En Barreiros, de 3 médicos hai dous e non hai médico para desprazados desde hai uns anos, algo que é común a outros concellos de A Mariña, o que non se entende cando esta comarca é un destino turístico de primeira orde. En Foz, outro concello que multiplica a poboación segue sen médico para desprazados, segue sen matrona, adían citas 20 días despois de estar outros 15 agardando por ela, e tamén praza de médico sen cubrir. En Burela e Cervo tamén hai retrasos nas citas polas vacacións de verán. En Riotorto, que estivera sen os dous médicos, teñen un despois de moitas mobilizacións veciñais.
En servizos comarcais tan importantes coma o de saúde mental hai tamén un psiquiatra de menos.
Planta de medicina interna, pechada. Derivacións a Lugo
A planta de medicina interna do Hospital da Mariña, a única planta médica (as outras son cirúrxicas), piar básico do nivel asistencial hospitalario, está pechada. Este peche de 38 camas cando máis poboación hai na Mariña obrigará a derivar a Lugo porque o persoal desas planta está repartido polo resto do centro cubrindo as vacacións. “Esta é, manifestan os nacionalistas, a garantía de calidade asistencial que o novo conselleiro pregoa a bombo e platillo, máis o certo é que na Mariña non se pode enfermar no verán porque hai 38 camas menos dispoñibles para toda a poboación que se multiplica na Mariña en época estival”
Área Sanitaria
Desde o BNG recordaron tamén a eliminación por parte do PP da Área Sanitaria da Mariña fai agora 7 anos, co cal se entenden agora moitas das eivas que está sufrindo a comarca en materia sanitaria, algo do que advertiran xa os nacionalistas en agosto de 2017, de que a centralización en Lugo de moitos servizos traería consecuencias negativas.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



