Durante o goberno do Partido Popular, en Foz habilitáronse máis de 300 novas prazas de aparcamento
Foz, 18 de xullo de 2024. O Partido Popular denuncia que Foz estea sen aparcadoiros e con caos no tráfico pola desidia do alcalde. Estes días de alta intensidade e de persoas viñeron a confirmar o que viñan advertindo os populares cando instaban ao Concello a que liberase de escombros de obras as prazas públicas de aparcamento. “O alcalde non o quixo facer e agora vemos como a xente anda buscando lugares para estacionar o seu vehículo no centro urbano tendo moitas dificultades para atopalo”, lamenta o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.
“Aínda que tarde e no medio de verán, agradecemos que nos fixera caso en canto á seguridade viaria, pintando os pasos de peóns na rúa Irmandiños no barrio das Casas Baratas, e pedimos que tamén atenda ás nosas peticións en canto a liberar de escombros os aparcadoiros públicos”, sinala o voceiro popular
Hai que lembrar que durante o goberno do Partido Popular, en Foz habilitáronse máis de 300 novas prazas de aparcamento. Mentres, coa situación actual, estanse a perder preto dun cento de sitios habilitados para estacionar os vehículos e, ademais, co risco de que os propietarios se farten da falta de coidado das parcelas e pidan ao Concello a reversión das mesmas.
Caos no tráfico
“Pedimos que o alcalde solucione canto antes o problema existente co tráfico porque, por exemplo, as decisións que tomou de facer de dirección única a rúa Irmandiños está a cargar á rúa Corporacións, desencadeando en grandes colapsos en cruces que non estaban feitos para esa cantidade de tráfico. Todas estas circunstancias, dende logo, debe remedialas xa que quedan moitos días de verán e en caso de non facelo, probablemente, o pobo siga con caos como estivo estes últimos días de festa”, finaliza Javier Castiñeira.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



