O secretario xeral do PSdeG explicoulles aos representantes dos traballadores que as instalacións de renovables terán o visto e prace do Goberno nos próximos días e, xunto coas dúas aprobadas a principios deste mes, sumarán case 500 megavatts
Santiago, 22 de xullo de 2024. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou esta mañá que o Goberno ten previsto aprobar en cuestión de días as autorizacións para a construción de tres novos parques eólicos que abastecerán de enerxía a planta de Alcoa en San Cibrao. Durante unha reunión co comité de empresa, explicou que, tras a aprobación dos parques Tesouro (50,4 MW) e Santuario (161 MW) a principios de mes, en poucos días terán o visto e prace proxectos que suman 278 MW máis á rede que dará servizo á factoría da Mariña.
Besteiro felicitouse das “boas novas” que este mes de xullo trouxo para Alcoa, coa incorporación de preto de 500 megavatts ao futuro subministro de enerxía eléctrica “limpa e máis barata”. Os tres novos parques son os denominados Barqueiro (126 MW), Moeche (50,4 MW) e Badulaque (102,4 MW).
O tamén portavoz socialista no Parlamento Galego asistiu ao encontro na compaña do senador César Mogo, a deputada Patricia Otero, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o alcalde de Foz, Francisco Cajoto. Besteiro destacou que o Partido Socialista acudiu á xuntanza, tras a petición da representación laboral, a maiores das reunións periódicas da comisión de seguimento do acordo entre traballadores e empresa.
Ademais de mostrar o seu compromiso coa “continuidade e a viabilidade” de Alcoa, defendeu o acordo que asinaron empresa e traballadores “para que se cumpra, e se non é con esta empresa, con outra solvente”. Nese senso, Besteiro insistiu en que a planta debe manterse, pero “sobre todo” o persoal.
A aprobación este mes de cinco proxectos que facilitarán un subministro eléctrico axeitado a Alcoa é un novo paso por parte do Estado para “garantir a viabilidade do negocio do aluminio”, asegurou José Ramón Gómez Besteiro.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



