Os deputados populares pretenden saber coa súa pregunta no Pleno se “PSOE e BNG están a favor ou en contra do desenvolvemento industrial da provincia, rexeitando calquera proxecto para que o noso territorio avance” ou se, pola contra, “están dispostos a incumprir a lei pedindo a paralización dunha actividade aínda cumprindo toda a normativa, e están en contra da creación de postos de traballo e oportunidades en Lugo”
Luns, 22 de xullo de 2024. O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, “rectificaba implicitamente” a súa postura sobre Altri na comparecencia ante os medios de comunicación posterior á reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “deixando a porta aberta a apoiar” o proxecto para a instalación dunha fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei “se cumpre cos aspectos legais e medioambientais”.
Á vista das declaracións de Tomé cremos que a Deputación de Lugo debe aclarar aos lucenses a súa postura ao respecto do proxecto e por iso o Grupo Provincial do Partido Popular preguntará no vindeiro pleno se a institución provincial apoiará o proxecto se, finalmente, conta cos informes técnicos favorables.
O portavoz popular, Antonio Ameijide, agradece que Tomé e o PSOE “paren de boicotear proxectos industriais na provincia sen esperar aos informes técnicos” e explica que “a postura do Partido Popular foi sempre a mesma: apoiar a implantación de iniciativas empresariais sempre que garantan o cumprimento de toda a normativa medioambiental, técnica e demais que sexa de aplicación”. Incluso, “dende o Grupo Provincial do PP presentábamos no pleno de marzo deste ano -fai catro meses- unha iniciativa nese sentido sobre o proxecto de Altri que contou co voto en contra de Tomé e o equipo de goberno – PSOE e BNG- polo que agradecemos este cambio de postura”.
“O que non podemos entender é que ninguén se posicione en contra de iniciativas que favorezan o desenvolvemento industrial da provincia, a creación de emprego e o asentamento de poboación sen agardar sequera ás valoracións dos técnicos nin aos informes ambientais”, explica o portavoz do PP.
Coa pregunta que formularán os deputados populares no pleno pretenden saber se “PSOE e BNG están a favor ou en contra do desenvolvemento industrial da provincia, rexeitando calquera proxecto para que o noso territorio avance”.
PSOE E BNG FAI 2 ANOS ESTABAN A FAVOR
“PSOE e BNG romperon neste ano a unanimidade acadada fai dous anos”, explica Ameijide. “Tomé e o goberno provincial xa cambiaran de opinión anteriormente en relación a este proxecto: no pleno provincial de xullo do 2022, votaban a favor dunha iniciativa do PP que saíu aprobada por unanimidade” para demandar ao Goberno de España liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation para o desenvolvemento na nosa provincia da primeira fábrica de fibras téxtiles de España que se prevé instalar no municipio lucense de Palas de Rei.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



