Mondoñedo, 5 de agosto do 2024. O BNG denunciou no pleno do pasado xoves o mal estado das marxes do treito da antiga N-634 desde a Volta Grande ata a travesía Carlos Folgueira e pide que concello leve a cabo con urxencia as labores de limpeza xa que, ademais da mala imaxe que presenta esta entrada para á cidade tamén pon en perigo a seguridade do tráfico.
Para o BNG as marxes da estrada deben estar despexadas de vexetación e non chega con facer só desbroces periódicos cada vez que se aproxima unha festa en Mondoñedo, como pode ser agora o Mercado Medieval e insta ao goberno a facer clareos de vexetación para mellorar a visibilidade nese treito con curvas e a eliminar as pólas das árbores que afectan ao tránsito de camións ou autobuses que moitas veces teñen que votarse ao medio da calzada para evitar o roce coas ramas nos seus vehículos.
Segundo apunta o voceiro nacionalista no concello, Eloi Cabanas, estas cuestións fundamentais son de competencia municipal e o goberno de Manolo Otero non depende de ningunha outra administración para acometer estes traballos.
O grupo municipal do BNG no concello ve con preocupación a inacción do goberno ante estes problemas tan evidentes o que demostra unha vez máis a deixadez deste equipo de goberno co mantemento das vías da súa titularidade.
“Non estamos pedindo proxectos ou grandes obras, que tampouco, pero este problema que afecta a calquera que discorre pola estrada débeselle dar solución canto antes posible”.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



