Era un día tranquilo. Pero coma outras moitas veces, a tranquilidade era só un preludio do caos. De pronto, as redes sociais estouparon coa última nova: a muller de Pedro Sánchez, Begoña Gómez, fora vista compartindo un café con alguén inopinado, o xuíz Peinado. ¿Acaso estaban tramando a última grande conspiración da política española? Ou era só un amaño ‘do seu’? Máis aínda, non sería ‘o seu’ non a incriminación senón outra cousa? As teorías abrollaban como cogomelos despois da choiva.
Os medios, famentos de escándalo, non tardaron en poñerlle música de suspense á situación. O noticieiro matutino de Televisión Española, por libre, abría ó estilo dunha película de espionaxe dos anos 70. “A muller do presidente, un xuíz con nome sospeitosamente incriminatorio, e os insospeitados lazos que unen a política e a xustiza no noso país”, anunciaba o presentador cun ton grave.
A situación amosouse, cando menos, hilarante. Os tertulianos seguiron a debullar teorías rocambolescas sobre o encontro: “Seguro que estaban negociando sobre o próximo golpe de Estado!”, “Non, non, seguro que é algo relacionado coas cotizacións do IBEX35!”. Mentres tanto, nos bares, a xente debatía acaloradamente entre tapas de tortilla e viños do Ribeiro, multiplicados case en tanto número como as teorías (outros dirían ‘saen tantas teorías como chourizos’).
A cousa non quedou aí. Algúns xornalistas fixéronse eco doutras historias igual de pintorescas, aínda que pode algo menos mediáticas. A pasada semana, o cuñado do primo segundo da ex-moza do Conselleiro de Agricultura fora visto entrando na sede do Banco de España. O rumor de que estaba ali para intercambiar bitcoins por galos de Mos revoloteaba con más forza que o soen facer os anteditos galos.
Outro caso espectacular que saltou ás primeiras páxinas para ser sobrepasado (ou retirado, non se sabe moi ben) con igual rapidez, foi o do deputado Gómez de las Serpientes, cuxo nome xa suxería unha vida de intriga. Fora fotografado comprando un pastel nunha docería de renome. Ata aquí, nada de particular, pero o local tiña un pasado escuro: anos atrás, a empresa fora acusada de evadir impostos nas vendas de tartas nupciais e a cousa quedara en nada. “Seguro: o deputado está a recibir os doces froitos da corrupción”, sentenciaba un articulista de renome, no escrito mentres desgustaba unha suculenta empanada de zamburiñas.
Volvendo ao tema, o xuíz Peinado, con nome que evoca imaxes de premeditado coidado capilar, pasou a ser ser unha figura enigmática. ¿Por que estaría el, que teoricamente debería ser imparcial como a balanza que simboliza a xustiza, tomando un café con Begoña?
Non sufriría un desdobre de personalidade? Pero tamén ela. Estaría quebrando a regra de que ‘a muller do César non só ten que ser honesta, senón que ten que aparentalo’ por algunha razón? Quizais se tratase dunha cata de café para unha campaña solidaria. Ou, máis probablemente, estaban simplemente desfrutando dun breve respiro da constante fargallada xudicial.
Mentres tanto, a oposición política duns e outros afiaba as súas linguas. “¡Esiximos unha investigación!”, berraba un líder do partido rival (tentaba ser rival a ambos). “Que se investigue se había azucre no café! ¿E de onde procedía? ¿Colombia? ¿Cuba? ¿Ou peor, de Portugal? Non sería Cola Cao (ese da drogha)”
Isto sucedía con Pedro Sánchez na Moncloa coa cabeza en cal sería o menú da cea desa noite -estaba de antollo-. É dicir, alleo á burbulla mediática que acubillaba á súa muller e ao xuíz Peinado.
Horas despois, a última montaxe de escándalo político e xudicial en España ó mellor non era máis que outra proba da imaxinación desbordante de xornalistas e tertulianos ávidos de atención e de xentes afeitas ó consumo mediático. Ao final do día, a muller de Sánchez e o xuíz Peinado de seguro riron ben de todo o alboroto, e de todos, mentres tomaban cadanseu outro café, noutra compaña. Esta vez asegurándose de que fora descafeinado (aínda que non está claro se con ou sen gotas), para evitar futuros episodios de histeria colectiva, que un ó día vai chegando.

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



