Alfoz, 12 de agosto de 2024. O Concello de Alfoz, a través da Área de Xuventude, anuncia a celebración dunha nova edición de Noites de Campamento dirixida á mocidade nada entre os anos 2006 e 2011, sempre que non teñan cumpridos os 18 anos. Esta actividade desenvolverase os días 27, 28 e 29 de agosto, e ofrece unha excelente oportunidade para que as mozas e mozos do concello desfruten dunha experiencia inesquecible.
Durante estes días, as persoas participantes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, incluíndo xogos, piscina, momentos de convivencia e moitas outras sorpresas que farán destas xornadas unha experiencia lúdica e educativa.
O prazo de inscrición para participar nesta iniciativa estará aberto do 13 ao 20 de agosto. As solicitudes poderán presentarse nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz ou a través da sede electrónica. É importante destacar que a actividade é totalmente de balde, o que facilita o acceso a todas as familias interesadas.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



