Mariana Pineda, nacida en Granada en 1804, foi unha heroína que loitou pola causa liberal no século XIX e morreo executada a garrote vil naquela cidade en 1831. Moi xove empezara a involucrase coa causa liberal e cada vez mais en contra dos partidarios do absolutismo e do rei Fernando VII. Nun rexistro da súa casa, Ramón Pedrosa e Andrade, comisionado especial para as causas contra a Seguridade do Estado, unha especie de policía política, requisa unha bandeira de dous metros por un, na que se bordara con fío vermello o lema liberal “Igualdade, Liberdade e Lei”. Mariana é arrestada, acusada de conspiración e encarcelada. Ela, que non sabía bordar, encargara o traballo a dúas criadas. Durante o xuizo, Pedrosa intenta convencela de que delate ás súas cómplices a cambio de perdoala, pero négase, e Fernando VII asina a sentencia de morte. Federico García Lorca inmortalizou o episodio coa súa obra dramática “Mariana Pineda: romance popular en tres estampas”.
O mindoniense Isidro Fernández acaba de publicar o tomo VII da súa moi interesante serie “Mondoñedo, regreso al pasado”, recompilación de artigos publicados en diversos medios por don Eduardo Lence-Santar, primeiro cronista oficial da cidade episcopal.
Grazas á publicación do amigo Isidro, sabemos que don Ramón Pedrosa, quen levou ó cadalso á liberal Mariana Pineda, era un mariñán de Adelán-Alfoz, nacido en 1786 na súa casa da Escoura, e fora Procurador Xeral do concello de Mondoñedo; xefe político deste distrito; avogada da Real Audiencia de Galicia; Alcalde Maior; Alcalde do Crime da Chancillería de Granada. Pedrosa, detrás da Pineda moitos anos, detívoa baixo arresto domiciliario mentres obrigaba a esconder a bandeira na casa para que a policía atopara a proba do delito.
Pasado un tempo, en Escoura, Adelán, presentáronse 36 soldados que o conduciron preso ó castelo de San Antón, na Coruña, onde se lle formou causa, sendo desterrado por seis anos a Filipinas. Anos mais tarde marchou a Roma onde finou.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



