Viveiro, 7 de setembro de 2024. A Concellería de Medio Ambiente de Viveiro agradece á veciñanza “a gran colaboración cidadá na recollida de refugallos da Romaría do Naseiro, unha das celebracións máis destacadas e concorridas do municipio.
“Dende a área de Medio Ambiente queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos os romeiros e romeiras que participaron na Romaría do Naseiro polo seu compromiso”, sinala a concelleira Míriam Bermúdez.
A tamén tenenta de alcaldesa de Viveiro afirma que, “grazas á colaboración cidadá, foi posible apilar os enseres con orde na marxe da estrada, o que facilitou en gran medida as tarefas de recollida e limpeza posteriores ao evento”.
En todo caso, Bermúdez destaca que se está detectando “a aparición de enseres que inicialmente non estaban despois da romaría”. “Isto indica que se están a depositar novos residuos que non pertencen ao evento, polo que pregamos á cidadanía que cese esta práctica e utilice correctamente o servizo de punto limpo ou a recollida de enseres a domicilio”, apunta.
Dende os días previos a Naseiro, colocáronse un total de 80 contedores, xunto con 3 específicos para o vidro, que foron baleirados todos os días. Nos días posteriores á celebración, foron recollidas máis de 10 toneladas de madeira, un total de 10.710 kg. Tamén 5.250 kg de enseres voluminosos, e foron indentificadas 38 unidades de RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), como neveiras e televisores.
Realizouse un varrido manual das zonas comúns, como o campo da festa, o campo das atraccións, a zona de aseos, as áreas próximas ao río e a estrada inferior. Estes traballos realizáronse a primeira hora da mañá, con persoal suficiente para completar a limpeza antes da chegada do público á sesión vermut.
Ademais, o mércores e xoves colocáronse contedores de 30m³ para a recollida de residuos de gran volume, especialmente madeira e voluminosos. A recollida dos RAEE realizouse cun camión pequeno dotado de plataforma. “Todo isto permitiu manter a contorna natural do Naseiro en bo estado e evitar a acumulación de residuos”, indicou a tenenta de alcaldesa.
“Estas tarefas desenvolvéronse de maneira eficiente, permitindo manter a contorna natural do Naseiro en bo estado e evitar a acumulación de residuos”, subliña a concelleira. “Queremos agradecer unha vez máis a todos os romeiros e romeiras a súa colaboración e responsabilidade ambiental”, conclúe.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



