Logo de que o TSXG anulase a autorización da mina, a Fiscalía analizará a responsabilidade penal dos altos cargos e funcionarios actuantes
Compostela, 26 de Setembro 2024. A Fundación Montescola e o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) denunciamos esta mañá en rolda de prensa (Santiago de Compostela) as irregularidades en materia de minas da Consellería de Economía, Industria e Innovación, neste caso na tramitación da transmisión das concesións e na aprobación do proxecto de explotación da Mina San Acisclo do grupo Urbas no concello de Muras, que poden ser constitutivas de infraccións penais.
Unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) procedeu a anular a autorización mineira outorgada á empresa promotora, Materiales Cerámicos Materias Primas, S.L., por parte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. A sentenza pon en evidencia o cúmulo de ilegalidades no que incorreu o procedemento, aínda que non se pronuncia sobre as responsabilidades penais, por tratarse dun recurso contencioso-administrativo.
O SLG e a Fundación Montescola veñen facendo seguimento deste proxecto dende que no ano 2020 tivemos coñecemento a través da prensa da posibilidade de reapertura desta explotación mineira, presentando en setembro dese mesmo ano as primeiras solicitudes de información. As sospeitas iniciais sobre as irregularidades levantáronse cando a Xunta demorou meses en resolver as solicitudes de información, retendo documentos chave que expuñan a actuación dos altos cargos a pesar da existencia de informes de funcionarios da Consellería que alertaban de que as concesións mineiras estaban caducadas. De feito, o SLG tivo que acudir á Valedora do Pobo para forzar á Xunta a entregar os documentos.
O SLG e Montescola denunciamos que este expediente estaba cheo de irregularidades, destacando o feito de que as concesións estaban caducadas e que o proxecto non fora sometido a unha avaliación de impacto ambiental a pesar de afectar a terreos da Rede Natura 2000 situados en plena Reserva da Biosfera.
Así, como vén de confirmar a sentenza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a transmisión dos dereitos mineiros foi manifestamente ilegal, dado que nunca foron consolidados pola empresa que os tiña anteriormente. Ademais, na liña das nosas sospeitas de favoritismo con esta mina por parte da Xunta de Galicia, a sentenza xudicial subliña que a Administración nunca instou á caducidade a pesares de ser preceptivo.
No seu contundente fallo xudicial, o TSXG confirma que a Consellaría non só “ignorou todas as anomalías que xa constaban -merecedoras da paralización dese procedemento para incoar un de caducidade-”, senón que tampouco someteu o proxecto á preceptiva avaliación ambiental estratéxica ordinaria. O Tribunal conclúe textualmente: “Esta anómala actuación autonómica non resulta en modo algún compatible co claro mandato que ás administracións públicas impón o artigo 103.1 da Constitución Española de suxeitar as súas actuacións a lei e o dereito, o que neste caso se vulnerou de forma flagrante por parte da Consellería de Industria”.
“Dende o Sindicato Labrego consideramos que os feitos son de moita gravidade e vémonos na obriga de elevar os mesmos á Fiscalía, por se fosen constitutivos de delitos penais”, advirte a coordenadora da loita contra o acaparamento de terras no SLG, Margarida Prieto Ledo. “Entendemos que, de ser o caso, débense tomar medidas para que feitos coma estes non volvan a acontecer. Non se pode usar a Administración ao servizo das grandes empresas, saltándose os procedementos legais establecidos, poñendo en risco a vida da veciñanza de Muras, poñendo en risco as súas actividades produtivas, como a produción de alimentos, e por suposto o noso medio natural. Temos a responsabilidade como sociedade de denunciar estas prácticas, que por desgraza levamos anos sufrindo moitos anos”.
Pola súa banda Joám Evans, director da Fundación Montescola, un dos colectivos ambientais que recorreron a autorización do proxecto o igual que o concello de Muras diante do TSXG, explica que serían presuntos responsábeis dun delito continuado de prevaricación os sucesivos directores xerais de enerxía e minas que aprobaron as seguintes transmisións e permitiron o mantemento dos dereitos mineiros a pesar de coñecer a súa ilegalidade, existindo informes que alertaban deste feito. Por iso, pedirá á Fiscalía que investigue aos tres directores xerais da Xunta que interviron persoalmente no procedemento así como aos funcionarios que con posterioridade tentaron encubrir esta actuación ilegal.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



