Ribadeo, 30 de setembro de 2024. O ex presidente do Goberno Mariano Rajoy destacou as potencialidades de Ribadeo na visita institucional cursada hoxe ao Concello, onde asinou no libro de honra e se dirixiu aos asistentes no Salón dos Alcaldes.
O rexedor, Dani Vega, dixo que “recibimos a Mariano Rajoy, que para nós é un orgullo, e desde logo seguimos nesa liña de abrir Ribadeo a todo o mundo. E desde logo, cando nos enteramos de que Mariano Rajoy tiña gran interese en acudir a Ribadeo, falamos con el. Isto é verdade que parte de cando veu aquí Soraya Sáenz de Santamaría aos Foros Sargadelos e acude o despacho da alcaldía e ve unha foto miña con Mariano Rajoy.
Mandámoslle a foto e a Rajoy, fíxolle ilusión evidentemente e quería vir a Ribadeo. Nun encontro que tivemos con el e con Barreiro falamos, el tiña interese porque xa viñera no 2009 nos dixo e quería volver porque tamén era para el unha satisfacción que hai un ano ganáramos as eleccións”.
O alcalde indicou que “veu en calidade de ex presidente, xa viñeron outras personalidades a Ribadeo e vamos a seguir invitando a todo mundo a Ribadeo, aqueles que están hoxe nos cargos de dirección ou persoas que representaron tanto como Mariano Rajoy, sendo presidente de todos os españois. Nesa liña é na que imos seguir, abrindo a Ribadeo a todo o mundo, que todo o mundo pode contribuír, apoiar, reforzar, moitas propostas que temos desde o Concello”.
Para Vega “é unha alegría, eu creo, e así o digo porque o sinto, unha satisfacción moi importante de que un presidente como Mariano Rajoy veña a Ribadeo, veña ao Concello e tamén é moi importante, que cando saia fale ben de Ribadeo e que diga que facemos as cosas bastante ben”.
Mariano Rajoy asinou no libro de honra do Concello e na súa intervención destacou as potencialidades de Ribadeo. Tanto o ex presidente do Goberno como o alcalde ribadense destacaron a figura de Leopoldo Calvo-Sotelo.
Dani Vega fíxolle entrega dunha figura de cerámica que reproduce o monumento ao gaiteiro. Ao remate do acto Mariano Rajoy departiu cos asistentes e de seguido deu un paseo polo casco vello na compañía do equipo de goberno e das autoridades asistentes (alcaldes, senadores, deputados, delegado territorial da Xunta en Lugo…).





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



