Ribadeo, 10 de outubro, 2024. O día 14 de outubro ás 11 horas no Concello de Ribadeo, a Asociación para á Recuperación dá Memoria Histórica (ARMH) procederá á entrega dos restos do carabineiro Manuel Mon Miranda e Justo Fernández Suárez mortos cando entraron as forzas sublevadas en Ribadeo o día 23 de xullo de 1936.
Despois do traballo dos investigadores Miguel Freire Sitjas e Xosé Miguel Suárez Fernández, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) realizou a exhumación hai anos dos corpos destas dúas vítimas.
O acto de entrega de de restos celebrarase o luns 14 de outubro ás 11 horas no salón de actos do Concello de Ribadeo nun acto público coa participación dos alcaldes de Ribadeo e Vegadeo, membros da ARMH, investigadores, veciños e familiares.
O acto estará presentado pola xornalista e investigadora María Valcárcel e a interpretación musical correrá a cargo de Helena López Sampedro.
Manuel António Món Miranda nacido en Luanco (Asturias) Pertencía ao Corpo de Carabineiros con destino en Ribadeo. O 23 de xullo de 1936 foi abatido a tiros polas forzas golpista na rúa Tras da Cerca (hoxe Ibáñez).
Justo Fernández Suárez “Galochía” era natural de Vilaronte (Foz). Vecino de Vegadeo. O 23 de xullo de 1936 nun automóbil en compañía de dous veciños e un garda municipal acuden dende Vegadeo para axudar a combater aos golpistas en Ribadeo, foi asasinado coa escusa de empuñar armas contra as forzas militares.
ANTECEDENTES
O 23 de xullo de 1936 dúas columnas das forzas golpistas asaltan Ribadeo , unha proveniente de Lourenzá, ao mando do comandante xefe da Garda Civil de Lugo Fernándo Álvarez Holguín, entra pola estrada de Vegadeo. Outra columna ao mando do comandante de Carabineiros Antonio López Revuelta entrou desde Barreiros.
O ataque deixou saldo de 2 carabineiros e cinco veciños mortos, así como un soldado ferido.
O 18 de xullo de 1936 en canto se tivo coñecemento da sublevación do exército, o goberno municipal organizou a través dun comité de guerra a requisa de armas e vehículos para facer fronte ás forzas sublevadas, operacións nas que participaron algúns veciños. Varios carabineiros do posto de Ribadeo participaron na defensa da vila ao mando do Tenente Ramón Lorenzo Fernández e o alférez Antonio Trujillo Rodero, ambos os sometidos, posteriormente a consello de guerra e fusilados en Lugo.
O día 23 fixeron fronte ás tropas o motorista de carabineiros Casimiro Pérez Martínez o veciño Ramón Crespo Rodas, que o acompañaba , resultando mortos os dous polos disparos dos asaltantes.
As tropas golpistas a medida que se internaban en Ribadeo ían causando vítimas entre as que se atopaban:
Rosalía Alonso Lastra, natural de Mourisco (A Fonsagrada) criada das monxas clarisas , que se asomou a unha xanela e recibiu un disparo.
Manuel Tella , pastor natural de Navia de Suarna, que se lles enfrontou cunha machada;
Vicente Muiño Tojeiro natural de Cedeira de 26 anos, que se atopaba accidentalmente en Ribadeo;
Manuel Mon Miranda carabineiro de 44 anos natural de Luanco (Asturias) que se atopaba na rúa Tras da Cerca (hoxe Ibañez)
Justo Fernández Suárez, Nacido en 1910 en Vilaronte (Foz) . Foi un dos primeiro voluntarios en sair desde Vegadeo en axuda e foi tiroteado.
Todos eles foron enterrados na área da fosa común do cemiterio novo de Ribadeo.
Xusto Fernández Suárez
Nacido en 1910 en Vilaronte (Foz) tiña como alcume “Galochía” herdado do seu pai viúvo, co que convivía, xunto con dous irmáns, no barrio veigueño de Fondrígo onde tiñan unha forxa . Cando se desencadea o golpe de estado en 1936, Justo foi un dos primeiros voluntarios en saír en axuda de Ribadeo xa que unha columna sublevada ía camiño desta vila. O vehículo conducido por Justo Fernández no que ían tamén dous veciños e un garda municipal foi interceptado na curva de Covelas pola columna do Comandante da Garda Civil Fernándo Álvarez Holguín, nese momento Justo botou man ao peto para coller un pano, os gardas non dubidaron en dispararlle ao verlle facer ese ademán. Non morreu ao instante, deixaron que se desangrara mentres o maltrataban . Na acta de defunción no Rexistro civil de Ribadeo figura como Justo Fernández Couto (o nome do seu pai) veciño accidental desta vila. Cando morreu Xusto Fernández, a familia , puxo na lápida familiar os nomes de Justo e Celestino para lembrar que foran vítimas “da guerra” sen tumba.
Manuel Mon Miranda
Manuel António Món Miranda naceu en Luanco (Asturias) o 5 de xuño de 1892 , fillo de José Mon Viñas un carabineiro natural de Burela (Lugo) e Rosa Miranda García. Pertencía como o seu pai ao Corpo de Carabineiros e estaba casado con Joaquina Expósito Baño coa que tiña 4 fillos e con destino accidental en Ribadeo. O 23 de xullo de 1936 atopábase na rúa Tras da Preto (hoxe Ibáñez) por detrás do Palacio dos Moreno, no momento en que chegaron as forzas golpistas onde foi abatido a tiros. A súa neta María José afirma que Manuel Mon era un home serio e estrito cos seus fillos ,sobre todo na súa educación, desexaba que estudasen. O pai de María José e fillo de Manuel Mon, tiña 4 anos cando mataron o seu pai. Pouco despois os irmáns marcharon á guerra e a nai, viúva de Manuel, morreu pouco despois “de pena”.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



