Nota de prensa
O LIBRO “CAUTIVÉRIO DE FINGOI. OS ANOS LUGUESES (1950-1965) DE D. RICARDO CARVALHO CALERO” PRESENTOUSE HOXE NA DEPUTACIÓN
A obra, de Ramón Reimunde Noreña, foi editada polo servizo de publicacións da Área de Cultura e é un estudo sobre os anos nos que Carvalho Calero residiu en Lugo e foi mestre no Instituto de Fingoi
LUGO, 27 de outubro de 2010. O escritor mariñao Ramón Reimunde presentou hoxe o seu libro “Cautiverio de Fingoi. Os anos lugueses (1950-1965) de Don Ricardo Carvalho Calero” no salón de actos da Deputación de Lugo. Ao acto asistiron tamén Antón Bao, vicepresidente da Deputación, Asunción Fernández, directora do Colexio Fingoi de Lugo, Bernardo Penabade, profesor e ex presidente da Associaçom Galega da Lingua (AGAL), e Margarita Carvalho, filla de Ricardo Carvalho Calero.
O libro foi editado polo servizo de publicacións da Área de Cultura da Deputación e consiste nun estudo sobre os anos nos que o mestre Carvalho Calero residiu en Lugo, exercendo como mestre no instituto de Fingoi. Na súa intervención, o vicepresidente da Deputación manifestou a súa satisfacción por poder brindar o apoio necesario para ver realizada a edición deste libro, e lembrou que “coa nosa entrada no goberno da Deputación, o servizo de publicacións leva a cabo un traballo de edición de numerosas publicacións de grande calidade pola súa significación e aproveitamento para o coñecemento da cidadanía”.
A obra deita luz sobre uns anos pouco estudados da vida do insigne mestre e que, ademais, foron relevantes para algúns aspectos da súa vida, da súa escrita ou da súa idiosincrasia no plano sociopolítico. Coa lectura deste libro, pódense seguir os pasos dun home precavido que elabora coidadosamente a súa propia imaxe, executando un ambicioso proxecto de vida e obra. Chega en 1950 a Lugo, e alí coñece a sociedade luguesa, gana prestixio como docente en Fingoi, fai literatura e investiga, entre outras cousas. Finalmente, no 1965 marcha a Santiago para traballar na Universidade e acadar a meta final difundindo o reintegracionismo.
Ramón Reimunde Noreña ( San Martiño de Mondoñedo, Foz, 1949) realizou os estudos primarios na súa aldea natal e o Bacharelato no colexio Sagrado Corazón de María de Xixón. Estudou dous cursos de Enxeñería Naval en Oviedo e Madrid, Náutica na Coruña e Filoloxía en Santiago. É piloto e capitán da Mariña Mercante e licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa. En 1981 foi nomeado profesor agregado de Lingua e Literatura Galega e en 1992 accedeu á condición de catedrático de Lingua Galega. Foi profesor de Galego e xefe de seminario no ensino público dende o ano 1979, con destinos en Viveiro, Lugo e Foz. Foi membro dos consellos de goberno de AGAL, da Asociación Forestal de Galicia e de Promagal. De ideoloxía galeguista, vive unha vida tranquila no Valadouro, afastado do mundanal ruído. É autor, entre outras, das publicacións “Poesía Completa de Leiras Pulpeiro” (Sotelo Blanco, 1984), “Ben pode Mondoñedo desde agora” (El Progreso, 1998), “A Costeira” (2006), ou, en colaboración, “Comentario de textos literarios” (Alhema, 1986) e “Os escritores lugueses ao redor de Fole” (Concello de Lugo, 1986).

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



