Insiste na necesidade de modificar o Estatuto dos Consumidores Electrointensivos, de abaratar os prezos da enerxía e de desbloquear os parques eólicos de competencia estatal “porque todas estas cuestións son vitais para o futuro da factoría”
Santiago, 17 de outubro de 2024. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asegurou, tralo anuncio realizado polos propietarios de Alcoa respecto da entrada de Ignis EQT cun 25% na planta de San Cibrao, que “a Xunta valora positivamente o proxecto que Alcoa e Ignis están presentando para preservar a industria do aluminio en Galicia. Todas as partes implicadas terán algo que achegar, e a folla de ruta móstranos un camiño de futuro para esta planta e para os seus traballadores”. Lorenzana referíase así ao desenlace respecto do proceso de venda da factoría lucense pero insistía no feito de que “haberá que coñecer os detalles deste acordo de colaboración e dos pasos que se vaian dar nos próximos meses, que esixirán que todos continuemos a traballar polo futuro desta planta e dos seus traballadores”.
Este anuncio únese ao da obtención, por parte do proxecto de recrecido da balsa de lodos de Alcoa, da Declaración de Impacto Ambiental (DIA). “Outra boa nova – destacaba Lorenzana – porque vai permitir que se leve a cabo unha actuación que é vital para que a planta poida continuar coa súa actividade”. Ademais, insistiu “todos os parques eólicos dependentes da Xunta de Galicia dispoñen xa de DIA, o que reafirma que o Goberno autonómico ten os deberes feitos”.
A conselleira de Economía e Industria reiterou a necesidade de convocar canto antes a Mesa de Seguimento, solicitada hai máis dun mes polo Goberno galego á Secretaria de Estado do Ministerio de Industria, e insistiu na urxencia de abaratar o prezo da enerxía e de ofrecer un marco enerxético estable e competitivo para a industria electrointensiva “para o que é fundamental abordar dunha vez por todas a modificación do Estatuto dos Consumidores Electrointensivos”, engadiu.
María Jesús Lorenzana aproveitou para reclamar ao Goberno central que amplíe as compensacións polas emisións de CO2 ata os 850M€ permitidos “para que as nosas empresas poidan competir en igualdade de condicións coa industria do resto de Europa”. E, ao fío, lembrou que aínda está pendente de resolver a situación daqueles parques de Alcoa de competencia estatal que tiñan decaídos os seus permisos de acceso e conexión e para os que estaba comprometida unha solución por parte do Ministerio de Transición Xusta que aínda non se produciu




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



