O concerto forma parte do ciclo Lugo: De Trovas e Cantigas promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Lugo, 22 de outubro de 2024. A basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, acollerá este xoves -24 de outubro-, ás 19.00 horas, a actuación do laudista esloveno Bor Zuljan, un dos maiores especialistas contemporáneos neste instrumento de corda que se extendeu por Europa na época medieval.
No concerto, incluído no I Ciclo de Música Medieval Lugo De Trovas e Cantigas, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o músico, coñecido por ampliar as posibilidades deste instrumento e redescubrir sons e técnicas de interpretación esquecidas, amosará o seu virtuosismo cun repertorio inspirado no florecemento humanista e cultural do Renacemento cando o laúde se converteu no instrumento máis popular nas cortes europeas.
O tenente alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego valorou a programación do concerto na Basílica de San Martiño, que pola época en que se construíu e pola súa especial sonoridade, se adapta perfectamente a proposta deste ciclo de música medieval” e destacou que “as actuacións musicais son un reclamo para achegarse a este ben patrimonial, como demostran outros eventos como os programados pola Asociación Bal y Gay”
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro destacou que “ademais de contribuír a visibilidade do patrimonio arquitectónico, este ciclo musical incide no traballo que se ven desenvolvendo para poñer en valor o patrimonio musical que o Centro de ARtesanía e Deseño atesoura en relación coa construción e o estudo dos instrumentos medievais, que supoñen unha oportunidade para o intercambio con outras tradicións musicais europeas”.
O Ciclo de Música Medieval que agora chega a Foz iniciouse en abril pasado no Centro de Artesanía e Deseño, e continuou cunha actuación da formación Malandança no mosteiro de Samos o pasado mes de setembro. En novembro, celebrarase o último concerto na igrexa románica de Bembibre, en Taboada.
Bor Zuljan
Bor Zuljan está activo en diferentes xéneros musicais e toca variados instrumentos de corda pulsada antigos, modernos e tradicionais. Chamado o “revolucionario do laúde” (Le Soir), redescubríu instrumentos, sons e técnicas de interpretación esquecidos, ampliando sempre o abano de posibilidades.
Actúa internacionalmente como solista e con diferentes grupos: Doulce Mémoire, Tasto Solo, Graindelavoix, L’Achéron, Vox Luminis, Il Giardino Armonico, cos hirmáns Teofilović, en dúo con Dušan Bogdanović econ Romain Bockler (Dulces Exuviae), así como co seu ensamble La Lyra.
Desde 2011 é director artístico do festival de música antigua Flores Musicae en Eslovenia. En 2013, o Instituto de Musicoloxía de Eslovenia publicou a súa edición crítica das obras para laúde de Giacomo Gorzanis, compositor a quen dedicóu o primeiro álbum de La Lyra “Gorzanis – La barca del mio amore” co cantante Pino De Vittorio (Arcana – Outhere Música, 2018).
En 2019 comenzou unha serie de álbumes para o selo Ricercar (Outhere Music): “Josquin – Adieu mes amours”, eo primeiro CD do dúo Dulces Exuviae foi moi ben recibido pola crítica especializada; un ano máis tarde o seu primero álbum solista “Dowland – A Fancy” gañou o prestixioso Diapason d’Or do ano 2020, o CHOC de Classica e o Editor’s Choice de Gramophone, seguido en 2022 por “Gesualdo – Il liuto del Principe” (Diapason d’Or, CHOC de Clásica,…). “Toutes les nuits”, o último disco do dúo Dulces Exuviae salíu en 2013 no mesmo selo, gañando o Diapason d’Or e outros premios.
No tocante a súa formación e labor docente e investigadora, despois de rematar os seus estudos de música clásica e jazz no Conservatorio de Ljubljana, continuou a súa viaxe musical con Aniello Desiderio en Koblenz, Alemania. En 2007 mudouse a Xenebra para estudiar no HEM de Xenebra onde obtivo unha mestría en guitarra clásica e laúde (Dusan Bogdanovic, Jonathan Rubin), unha mestría especializada en música medieval e unha mestría en pedagoxía.
Dende 2011 lidera como asistente o proxecto de investigación do HES-SO “Ricercar unha fantasía” sobre a improvisación de fantasías no laúde durante o século XVI, co que continúa so seus estudos doctorais no Centro de Estudos Superiores do Renacemento en Tours, Francia. Imparte regularmente conferencias e clases maxistrais en institucións prestixiosas, como a Schola Cantorum Basiliensis, a Fondazione Giorgio Cini de Venecia, o CNSMD de Lyon e o HEM de Xenebra.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



