Reitera o decidido apoio da Xunta a este sector estratéxico do rural galego, que se plasma mediante a planificación, cunha estratexia específica, a promoción, a protección, a formación, o fomento da remuda xeracional ou a mobilización de terras
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, definiu hoxe os gandeiros galegos como “garantes dunha parte moi importante da identidade de Galicia” e cualificou o sector leiteiro como “indispensable no económico, pero tamén na variable demográfica e social, para vertebrar e manter poboación no rural”. A conselleira, acompañada por varios altos cargos do seu departamento e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, pechou o acto de entrega dos VIII Premios á Excelencia Hixiénico-Sanitaria das Explotacións Leiteiras de Leite Cru de Vaca (Exceleite 2024).
Neste evento, Gómez puxo en valor estes galardóns, cos que se recoñece o compromiso dos produtores coa calidade do xeito máis sustentable, así como o seu rigoroso respecto polo benestar animal, sempre procurando a excelencia na súa actividade. Trátase tamén -incidiu a conselleira- de recompensar toda a entrega e sacrificio destes profesionais.
Na súa intervención, a titular de Medio Rural reiterou o decidido apoio da Xunta a este sector estratéxico do rural galego, que se plasma mediante a planificación -cunha estratexia específica-, a promoción, a protección, a formación, o fomento da remuda xeracional ou a mobilización de terras, entre outras actuacións.
Estratexia de dinamización do sector
Así, respecto da Estratexia de dinamización, Gómez puxo de relevo que foi elaborada en consenso cos axentes deste eido e que inclúe ata 125 medidas enfocadas na produción, a industria, os mercados, a cadea de valor a formación e a innovación. Trasladou ademais que está dando os seus froitos, xa que -destacou- “estamos a piques de lograr o obxectivo que nos marcamos, de pasar do 50% da transformación do leite en galicia ata o 75%”.
En materia de promoción, a conselleira puxo en valor os oito millóns de euros que o seu departamento destinará o vindeiro ano para divulgar a excelencia dos produtos agroalimentarios da nosa comunidade, entre eles, de xeito destacado, o leite galego e os seus derivados. No eido da protección, María José Gómez mencionou fitos como o selo de calidade Galega 100% ou as denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Queixo Tetilla ou San Simón da Costa, que os consumidores perciben claramente como garantía de calidade.
No ámbito formativo, a conselleira salientou o éxito dos seis centros de formación e experimentación agraria adscritos a Medio Rural, que ofertan un total de 14 ciclos de grao superior e medio. Canto á mobilización de terras, subliñou o importante papel dos instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria, que xunto coas parcelarias propiciaron xa a mobilización de máis de 9.500 hectáreas na nosa comunidade.
Remuda xeracional e axudas da PAC
Sobre a remuda xeracional, Gómez destacou que nos últimos anos incorporáronse ao agro uns 5.000 mozos con apoio das axudas xestionadas pola Xunta, que leva investidos preto de 250 millóns de euros nesta tarefa. Asemade, remarcou o feito de que moitas destas incorporacións producíronse en explotacións leiteiras.
Nesta liña, a conselleira fixo tamén fincapé no esforzo do Goberno galego para adiantar a outubro o pago de 45 millóns de euros en concepto de anticipo das axudas da PAC e reiterou que ao longo do mes de decembro faranse efectivos outros 140 millóns desta achegas, claves para garantir a sustentabilidade da actividade agrogandeira.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



