Viveiro, 22 de novembro, 2024. Na recente asemebla o Club de Remo Celeiro procedeu á renovación da directiva.
Saen:
Presidente: Juan Canoura Calzado
Vicepresidente: José Manuel Prieto Sierra
Secretaria: Maria del Carmen Franco Díaz
Vocal: José Manuel Trasancos Rouco
Entran:
Presidenta: Maria Belén Pérez Pérez
Vocal: María Cristina Guerreiro Escourido
Vocal: Maria Alejandra Rodríguez Conesa
Renovación da directiva da Asociación Cultural e Deportiva Penalba
Saen:
Presidente: Juan Canoura Calzado
Vicepresidente: José Manuel Prieto Sierra
Secretaria: Maria del Carmen Franco Díaz
Vicesecretaria: Lucía Esquerdeiro Cabarcos
Tesoureiro: Óscar Canoura González
Vocal: Ivan Antonio Teijeiro Bouza
Vocal: Jose Manuel Trasancos Rouco
Entran:
Presidente: Jesús Timiraos Teixeira
Vicepresidente: David Sánchez García
Secretario: Martín Rodríguez Pardo
Vicesecretario: Santiago Díaz Fernández
Tesoureiro: Juan Sergio Paleo Paz
O ate de agora presidente, Juan Canoura, desexa “o mellor e toda a sorte aos novos integrantes de ambas as entidades. Espero, confío e sei que o farán igual ou mellor que a directiva saínte”. “Simplemente gustaríame agradecer persoalmente como presidente saínte todo o apoio recibido durante esta etapa”. “Sempre tentamos defender e realzar o Club de Remo Celeiro e a A.C.D. Penalba”. “Sempre se loitou, en conxunto, por uns obxectivos comúns que se lograron alcanzar”.
Nesta etapa fíxose un investimento de máis de 100.000€ no Club de Remo na compra de material como é:
Trainerilla nova
Traiñeira
2 Skifs de mar novos
3 palamentas de skifs de mar novas
12 ergometros novos
2 palamentas de traiñeira
2 palamenta de trainerilla nova
Arranxo dos 4 bateis
GYM novo
Carro traiñeira novo






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


