Dende o PP explica que Tomé, forzado pola presión, anunciou onte unha serie de obras que “sendo todas necesarias, non son suficientes”, como tampouco dixo a verdade porque explicou que se investirán 27M€ cando o total das obras anunciadas é de 13.246.364,93€: “a cantidade a investir coincide coa aprobada por PSOE e BNG nos orzamentos para o vindeiro ano que, dende o PP, xa anunciamos que era insuficiente”
Lugo, 4 de decembro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular manteñen a súa afirmación de que o plan de mellora das estradas provinciais anunciado por José Tomé “non é ambicioso e non chega” para solucionar os problemas da rede viaria provincial, “totalmente intransitable e perigosa” en 66 dos 67 concellos da provincia.
“É unha pequena vitoria pero a guerra segue porque aínda restan moitas estradas provinciais e moitos quilómetros que son perigosos e presentan serios problemas para a circulación, provocando picadas nas rodas, roturas nos vehículos e ata accidentes”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recorda que este non é o primeiro plan de renovación de estradas da Deputación, xa que outros gobernos provinciais o desenvolveron, como foi o goberno de Darío Campos, un plan de mellora de estradas que se desenvolveu a raíz dunha iniciativa defendida polo Partido Popular no pleno de xullo de 2017.
Naquel momento a corporación provincial acordara por unanimidade poñer en marcha ese plan, cun orzamento de 15 millóns de euros, con actuacións que se decidirían nunha comisión técnica integrada, entre outros, por representantes de todos os grupos da corporación.
Sobre estes plans, Antonio Ameijide sinala que “nunha primeira ollada xa vemos moitas diferencias” que poñen sobre a mesa que “o plan de Tomé non é ambicioso nin suficiente”.
O voceiro provincial popular destaca, en primeiro termo, que o plan anunciado por Tomé conta cun orzamento de 12M€, mentres que o impulsado polo PP no goberno de Darío Campos tiña 15M€.
Outra das diferenzas que evidencian que o plan de Tomé “non é ambicioso” é que a Deputación conta agora cun orzamento récord de 130M€, mentres que na época de Darío Campos o orzamento era de 79.5M€.
O plan anunciado onte por Tomé contempla un investimento do 9% do total do orzamento da Deputación, mentres que o liderado polo Partido Popular na etapa de Darío Campos supoñía o 19% do total do orzamento.
Outra dos aspectos nos que non coinciden ambos plans é que o anterior plan buscaba o consenso, mentres que Tomé quere impoñer.
Antonio Ameijide realiza esta afirmación en base a que o plan que se realizou baixo o goberno de Campos contaba cunha comisión técnica, da que formaban parte representantes dos grupos políticos, “que buscaba o consenso para acordar as actuacións, para que se realizasen aquelas máis urxentes”, mentres que Tomé non consultou con ninguén.
POSTURA DO PP
Os deputados populares explican que “pedíamos moito máis”. “Levamos moitos anos xunto aos veciños da provincia reclamando o arranxo da rede viaria provincial que é intransitable e perigosa en 66 dos 67 concellos da provincia”, recordan.
A realidade é que o plan anunciado por Tomé só actúa no 6% dos 4.217 quilómetros da rede viaria provincial, ao que se engade que o presidente provincial “minte descaradamente”. “Cando fala dun investimento de 27M€ está a mentir porque nesa cantidade suma todos os costes posibles, ata o custe do papel do servizo de enxeñería. Que diga a verdade do investimento real na reparación das estradas”, sentenciou, que é de 13.246.364,93€, xustamente a cantidade que PSOE e BNG aprobaron nos orzamentos da Deputación e que dende o PP explicamos que “era insuficiente”.
Segundo os datos feitos públicos polo presidente, as actuacións previstas deixan fóra a 15 municipios da provincia, como os casos Folgoso do Courel, O Valadouro, Lourenzá ou Pobra do Brollón.
Antonio Ameijide tamén amosa as súas dúbidas sobre a existencia deste plan xa que este tipo de actuacións “teñen que aprobarse no pleno ou, no seu defecto, en xunta de goberno provincial e non se deu ningunha das dúas posibilidade de momento”.
EXEMPLOS DE ESTRADAS EN MAL ESTADO NAS QUE NON SE ACTÚA
A Pobra do Brollón: LU-P-4701 (de Pobra do Brollón a Folgoso do Courel) e a LU-P-4710 (de Salcedo á Estación da Pobra de Brollón)
Folgoso do Courel: LU-P-5601 (Courel a Santa Mariña)
Ribas de Sil: LU-P-5303 (San Clodio – Torbeo – ata o límite con Ourense)
Mondoñedo: LU-P-3103 en Santa María Maior, unha zona con inundacións constantes e á que non se dará ningún tipo de solución.
ACTUACIÓNS DEFICITARIAS
Begonte: LU-P-0802, unha estrada de 7,3 quilómetros e na que se actuará en 2,7 aproximadamente.
Carballedo: LU-P-1005, unha vía provincial de 6,2 quilómetros e na que se realizarán traballos de arranxo en 1,4 quilómetros.
Sober: Neste municipio é urxente actuar nas estradas LU-P-5901 (treitos novo e vello), LU-P-5902 e LU-P-5905 e unicamente se realizarán traballos de mellora na 5905 e non na súa totalidade.



















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



