Nota de prensa
HOXE INAUGUROUSE A MOSTRA CONMEMORATIVA “ROSALÍA, SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA!” NO MUSEO DO MAR
Antonio Veiga asistiu ao acto de inauguración da exposición, que tras permanecer no Museo de Lugo, trasládase ao Museo do Mar de San Cibrao (Cervo), onde permanecerá ata o vindeiro día 15 de novembro
Tamén se realizará un recital, “Ao raso coas lebres”, o xoves 4 de novembro, e a presentación do libro de Pilar García Negro, “O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo”, o martes día 9
CERVO, 2 de novembro de 2010. O delegado de Cultura e Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu hoxe á inauguración da mostra itinerante “Rosalía, Sempre Viva. Viva Rosalía!”, que se elaborou co gallo do 125 aniversario da escritora dende a fundación Manuel María de Estudos Galegos e coa colaboración da Área de Cultura da Deputación. Esta mostra puido visitarse no Museo de Lugo ata o pasado día 31 de outubro, e a partir de hoxe estará exposta no Museo do Mar de San Cibrao, ata o vindeiro día 15 de novembro. Igual que en Lugo, realizaranse actividades complementarias á mostra: interpretarase un recital-concerto, titulado “Ao raso coas lebres”, e presentarase o libro “O Clamor da Rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo”.
A exposición fai un percorrido polas diferentes vertentes da vida e obra da literata e así nos mostra a unha Rosalía culta, revolucionaria, feminista, universal e que foi fundadora da literatura galega contemporánea. A mostra está conformada por vinte paneis compostos de elementos gráficos e textos que repasan os aspectos máis relevantes da vida e obra de Rosalía, realizada cunha grande seriedade e rigor e acompañada de recursos audiovisuais. Dado o seu carácter itinerante, ten o obxectivo tamén de aproximar a figura da grande escritora a concellos, asociacións culturais e centros de ensino. Acompáñase de dous audiovisuais. O primeiro deles, co mesmo título que a exposición, condensa en seis minutos os valores da obra rosaliana. O segundo é “Ignotus”, unha animación en plastilina de 16 minutos de duración, feita sobre o texto de Manuel Murguía que leva o mesmo título.
Para conmemorar o 125 aniversario de Rosalía, leváronse a cabo con grande éxito en Lugo ee agora tamén se realizarán en San Cibrao actos complementarios á mostra. O primeiro é un recital-concerto titulado “Ao raso coas lebres”, a cago de CasaHamlet, o xoves día 4 de novembro ás 20:00 horas. Esta obra tenta mostrar a rebeldía e lucidez dunha muller que, adiantándose ao seu tempo, desvelou a situación do pobo e a cultura galega, comezando pola lingua e o seu orgullo pola mesma e contundencia fronte ás agresións.
Por outra banda, o libro “O Clamor da Rebeldía. Rosalía de Castro: Ensaio e Feminismo”, de Pilar García Negro, presentarase o martes 9 de novembro ás 20:00 horas. En el pode apreciarse unha nova mirada sobre Rosalía, salientando o seu papel pioneiro “no espertar dunha conciencia de xénero que se revela, lúcida e recorrente, na reflexión profunda e avanzada obre o ser muller”. Acaeralle daquela o carácter de primeira feminista galega, do mesmo xeito que a condición de moderna pensadora, visionaria, pioneira, heterodoxa, independente e aínda revolucionaria.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



