Foz, 12 de decembro de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, asinou hoxe, xoves, o decreto para a delegación da xestión da Residencia e Centro de Día en Zoraida Coira, concelleira do Bloque Nacionalista Galego.
“Recibimos comunicación do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal), adscrito á Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, na que se desestimaba o recurso interposto pola empresa proposta pola mesa de contratación para a concesión da Residencia e Centro de Día de Foz. Esta resolución ratifica a decisión do pleno celebrado o pasado 26 de setembro, no que se acordaba renunciar ao proceso de contratación cos votos a favor do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego”, explica o alcalde.
Fran Cajoto engade que “a posición de bloqueo a última hora de BNG e PP, despois da aprobación por unanimidade en maio do 2023 dos prezos da residencia en plenario, desencadeou unhas consecuencias que consideramos moi graves: sobrecustos ao Concello, e por tanto aos veciños, polo traballo técnico invalidado a última hora; sobrecustos ao Concello, polas previsibles demandas dos ofertantes ante a renuncia á celebración do contrato; sobrecustos aos veciños de Foz, con facturas de máis de 31.000 euros mensuais que continúan, e unha prolongación indefinida da provisionalidade na xestión da residencia. As dezasete concelleiras e concelleiros que formamos parte da corporación de Foz manexamos a mesma información para os plenos, por iso cualificamos de tremendamente irresponsable o xiro de 180 grados no discurso e no voto do Bloque Nacionalista Galego, faltando ao compromiso que adquiriu para a conformación deste goberno e emendando por completo a defensa realizada en pleno polo concelleiro nacionalista Simeón Neira”.
“Cando asumimos a xestión da Residencia e Centro de Día de Foz dentro da área de Servizos Sociais fixémolo con todas as consecuencias. Os compromisos adquiridos polo anterior alcalde, Javier Jorge Castiñeira, no ano 2017 coa Xunta de Galicia obrigaban ao Concello de Foz a asumir a xestión do servizo sen custos para a administración local, ao ser esta unha competencia impropia. Intentamos con insistencia que a Xunta asumirá o servizo para baixar os prezos, pero o bloqueo da conselleira Fabiola García imposibilitouno, negándonos incluso unha reunión. Ante este abandono por parte da Xunta de Galicia aumentamos a axuda de emerxencia social ata os 240.000 euros, para que ningún usuario se quedara fóra da residencia por non dispoñer de patrimonio. A máxima que seguimos sempre foi axudar a aquel que non ten recursos a través das axudas. O veciño que si dispón de recursos debe costear o prezo da súa praza. Non podemos discriminar a aqueles que coidan aos seus maiores na casa, asumindo absolutamente todos custos, moitos obrigados ante a imposibilidade de conseguir praza nunha residencia que ten 150 persoas en lista de agarda”, indica o rexedor municipal.
Por estes motivos o alcalde anuncia: “á vista das posicións marcadas no pleno e ante a necesidade de superar a parálise administrativa provocada polo coaligamento de PP e BNG, decidín xunto ao grupo municipal socialista delegar a xestión da residencia e centro de día na concelleira nacionalista Zoraida Coira, que tamén forma parte da Xunta de Goberno Local. Debo agradecer profundamente a implicación e o enorme traballo de Ana Matea Rojo Eijo, que continuará a desempeñar todas as funcións da concellería de Servizos Sociais, Benestar, Inclusión e Inmigración excepto a xestión da residencia. Despois dun traballo intenso, sincero e máis que positivo de Ana o cambio nas competencias débese única e exclusivamente ao bloqueo imposto polo Bloque Nacionalista Galego. Dámoslle a oportunidade ao BNG de dirixir a nova licitación, de facer as propostas de modificación e os trámites que solicitaba, de pasar das palabras aos feitos, co compromiso do grupo municipal socialista de que non imos bloquear o traballo que realicen, senón facilitalo. Pensamos en Zoraida principalmente por dispoñer dunha liberación ao 50 por cento, como Ana Rojo, o que lle vai a permitir dedicarlle á residencia o tempo que necesita. Deséxolle a maior das sortes na nova tarefa”.
Cajoto destaca que “o grupo municipal socialista ten vocación sempre de goberno: Foz non merece paus nas rodas da xestión municipal, menos desde dentro do goberno. Non imos presentar mocións para obter rédito político contra un socio de goberno aínda que se recollan firmas, como acontecera na modificación da situación dos colectores da rúa Noriega Varela. Esperamos que isto supoña un punto de inflexión no grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego. Foz ten moitos retos que afrontar: a nova depuradora de augas residuais, a xestión do ciclo integral da auga coas melloras previstas na planta potabilizadora, a implantación urxente do colector marrón para cumprir coa normativa, a mellora de rúas e servizos como o alumeado público ou a licitación do servizo de madrugadores no vindeiro ano 2025 para os tres colexios públicos. Hai concesións próximas a caducar que hai que tramitar, como no caso da piscina, respecto á que queremos mellorar o servizo. Delegacións que dirixen concelleiros do BNG e do PSOE. É o momento de demostrar quen está disposto a gobernar. Foz meréceo”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



