Nota de prensa
ALFREDO LLANO VISITARÁ ESTA TARDE Á FAMILIA AFECTADA POLO INCENDIO REXISTRADO ESTA MADRUGADA NA SÚA VIVENDA. DÚAS PERSOAS FORON TRASLADADAS AO HOSPITAL DA COSTA POR INHALACIÓN DE FUME.
Burela, 3 de novembro de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitará esta tarde o inmoble no que se rexistraba un incendio esta madrugada e á familia afectada. Unha parella tivo que ser trasladada ao Hospital da Costa por inhalación de fume. Todo apunta a un cortocircuito como a posible causa que orixinou o lume nun piso do nº 4 da rúa Río Xunco.
Llano, que se atopa de viaxe en Santiago, sinalou que “o incendio se iniciou no corredor da casa, posiblemente por un cortocircuito, e alí queimáronse unha lámpara, unha mesa camilla e outros enseres máis”. O rexedor explicou que “o fume se extendeu por todo o piso e iso causou bastante alarma. A rápida actuación dos Grumir de Burela e de Cervo foi decisiva e enseguida controlaron e extinguiron o lume”.
O alcalde de Burela subliñou que “últimamente se están a producir sustos deste tipo por culpa do gas ou de cortocircuitos, polo que hai que extremar as precaucións nas nosas casas para evitar que poidamos sofrir un incendio. Desde o Grumir din que os lumes ás veces se producen por unha sobrecarga nas tomas de corrente”.
Llano engadiu que “non houbo que lamentar desgracias persoais, aínda que dúas persoas precisaron atención hospitalaria por inhalación de fume, aínda que non hai porque preocuparse. Pola tarde achegaréime ata o inmoble para ver cómo quedou todo e visitarei á familia afectada para ver cómo están e qué me poden contar. Tragaron moito fume e viviron momentos de desconcerto, porque todo o mundo tenta salvar o máximo posible do seu piso nunha situación así”.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



