Burela, 24 de xaneiro, 2025. O Concello de Burela informa da ampliación da ‘Zona de Estacionamento de Residentes O Mariñeiro’, un proxecto que nace coa finalidade de solucionar un problema de tráfico na zona, garantindo un uso máis ordenado do espazo público. Este novo paso dáse tras analizar as peticións e suxestións da veciñanza, así como despois de avaliar a implantación inicial na Rúa Monte Castelo, que serviu como fase piloto.
A ‘Zona de Estacionamento de Residentes O Mariñeiro’ busca priorizar o acceso ao estacionamento para as persoas empadroadas nesta área fronte a vehículos doutros usuarios que non teñen residencia na zona. Cun custe de 6,92€ pola tramitación do expediente administrativo, as persoas residentes poden obter a autorización necesaria para aparcar nas prazas habilitadas, identificadas como parte da zona de estacionamento de residentes, sempre que estas estean dispoñibles no momento de aparcar.
Que veciños e veciñas poden aparcar na Zona de Estacionamento de Residentes O Mariñeiro?
A zona de residentes está sinalizada coa cor verde e, segundo o decreto aprobado, inclúe aos veciños e veciñas empadroados nas seguintes rúas:
-Rúa Monte Castelo na súa totalidade.
-Praza do Mariñeiro.
-Rúa do Mariñeiro, entre as rúas Monte Castelo e Eijo Garay, comprendendo desde o número 1 ata o número 5, ambos incluídos.
-Rúa Eijo Garay, entre as rúas O Mariñeiro e Rosalía de Castro, comprendendo: Do número 3 ao número 13, ambos incluídos, na marxe esquerda. Entre os números 8 e 12, ambos incluídos, na marxe dereita.
En determinados tramos destas rúas, conviven as zonas de estacionamento sinalizadas en verde coa dispoñibilidade de prazas de estacionamento normal. Esta medida busca facilitar o aparcamento para persoas non residentes e dar soporte aos comercios locais, permitindo un acceso máis cómodo e dinámico á zona comercial. Ademais, o Concello está a estudar cambios nas áreas de carga e descarga para mellorar as condicións de traballo e loxística dos negocios da zona.
Por que só hai zonas de estacionamento de residentes nalgúns lugares?
Entendemos que algúns veciños e veciñas poden preguntarse por que esta medida non se aplica en todas as áreas de Burela. É importante aclarar que a creación dunha zona de estacionamento de residentes está vinculada a circunstancias concretas, como a necesidade de regular o uso do espazo público para garantir un acceso máis ordenado, a elevada demanda de estacionamento por vehículos alleos ou a densidade de vivendas sen garaxe.
Estas zonas non se poden implementar en todos os barrios porque, en moitos casos, as características das rúas e a dispoñibilidade de prazas fan inviable a súa aplicación. O Concello estuda cada caso con detalle para que a medida sexa viable e útil, sempre co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o acceso dos veciños e veciñas ao seu entorno.
Que beneficios aporta a ‘Zona de Estacionamento de Residentes O Mariñeiro’?
Prioriza o estacionamento para veciños empadroados na zona.
Reduce a presión de vehículos alleos, especialmente en áreas con alta demanda.
Facilita a convivencia e o acceso ordenado ao espazo público.
Ofrece opcións de estacionamento para persoas non residentes próximas aos comercios.
Un proxecto en constante mellora
Esta ampliación responde ás necesidades expresadas pola veciñanza e á análise do uso actual das prazas. Queremos lembrar que estamos nun proceso de aprendizaxe e axuste, polo que continuaremos avaliando a súa implantación e recollendo opinións para mellorar.
Pedimos á cidadanía que manteña o diálogo aberto e nos traslade calquera dúbida ou proposta. Esta medida é un paso máis cara a unha Burela máis accesible e orientada ao benestar dos seus veciños e veciñas.
Para máis información ou para xestionar a obtención da autorización, as persoas interesadas poden acudir ao Concello ou contactar a través dos nosos canles habituais.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


