A organización nacionalista constituíu hoxe os seus órganos de dirección comarcais
A Mariña, sábado 1 de febreiro 2025. Na mañá de hoxe o BNG da Mariña constituíu os seus órganos de dirección comarcal, como corresponde despois do proceso da asemblea nacional realizada en decembro. A Executiva Comarcal está encabezada polo responsable comarcal Antonio Veiga Outeiro e a vicerresponsable Iria Cotelo Cociña, completando este órgano de dirección Mario Pillado Mon, Montserrat Porteiro Sánchez, Daniel Castro García, Francisco Xavier Fanego Bermúdez, Ana Ermida Igrexas, Xorxe Caldeiro Díaz, e Miriam Bermúdez García. A maiores da executiva conforman o consello comarcal outros 25 membros, representativos de todos os concellos de A Mariña.
Catro mariñaos na dirección nacional do BNG
Forman parte tamén do Consello Nacional do BNG, máximo órgano entre asembleas, Ana Ermida Igrexas, Daniel Castro García, Iria Cotelo Cociña e Antonio Veiga Outeiro.
Preparadxs para o 2027
Na primeira sesión do ano celebrada este sábado, o BNG analizou a situación da comarca e perfilou as liñas de traballo e actuacións para os vindeiros meses, tendo tamén como referente as eleccións municipais do 2027. “Van ser dous anos intensos, donde A Mariña se xoga moito, tanto no seu conxunto como concello a concello e o BNG está preparado, con moitas ganas, con moitas incorporacións novas para afrontar todos os retos que a comarca tén por diante” manifestou oAntonio Veiga. En términos semellantes pronunciouse Iria Cotelo, afirmando que “ainda que o traballo vai ser moito e os problemas da comarca e dos concellos agrávanse, somos positivos porque na comarca hai xente loitadora e tamén sabemos que temos unha gran corrente de simpatía e ilusión arredor de nós que medra día a día”
Sanidade, servizos sociosanitarios, vivenda, infraestruturas, sectores produtivos e reactivación económica da comarca
As liñas de traballo que esbozaron hoxe os nacionalistas mariñaos para os vindeiros meses son: o apoio aos sectores produtivos, a sanidade e os servizos sociosanitarios, as infraestruturas, a reactivación industrial e económica da Mariña con un plan ao efecto, tal como levaron xa en meses pasados ao Parlamento, e a vivenda, tema que é prioritario para o BNG non só a nivel comarcal senón tamén a nivel nacional.
Apoio a Queremos Galego e a manifestación nacional do 23 de febreiro
O BNG, como integrante que é de Queremos Galego participa activamente en todos os actos previos á gran manifestación nacional que terá lugar en Santiago de Compostela o 23 de febreiro en defensa da lingua.
Así mesmo faranse en varias localidades da comarca diversos actos relacionados co Ano Castelao baixo o título “Castelao Nacionalista Galego”
O Concerto económico será outro tema a tratar en charlas informativas pola comarca.



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



