“Tanto a deputada autonómica e o senador socialistas, Patricia Otero e César Mogo, como a propia alcaldesa minten e queren tratar de parvos aos nosos veciños xa que a iniciativa do Partido Popular, aprobada no Senado, inclúe a elaboración e execución dun proxecto de intervención por parte do Goberno de España, só ou en concorrencia con outras administracións”, subliña o voceiro popular, Roberto Díaz
Lourenzá, 6 de marzo de 2025. O Partido Popular acusa ao PSOE de tratar enganar aos veciños de Lourenzá respecto á rehabilitación integral do mosteiro de San Salvador de Lourenzá. “Tanto a deputada autonómica e o senador socialistas, Patricia Otero e César Mogo, como a propia alcaldesa minten e queren tratar de parvos aos nosos veciños xa que a iniciativa do Partido Popular, aprobada na Comisión de Cultura do Senado, inclúe a elaboración e execución dun proxecto por parte do Goberno de España, só ou en concorrencia con outras administracións”, subliña o voceiro popular, Roberto Díaz.
A emenda presentada polo PSOE foi rexeitada ao ser moito máis ambiciosa a proposta dos populares. Polo tanto, a iniciativa do PP non exclúe a aportación de ningunha administración mentres que a emenda do PSOE non comprometía o apoio do Goberno central con fondos propios á obra de rehabilitación do inmoble nin esixía que a administración central liderase este proxecto, aínda que actuase en concorrencia con outras administracións.
Díaz esixe aos representantes socialistas, á alcaldesa e ao Goberno de Sánchez que deixen de “tapar” con mentiras todas as promesas incumpridas e que se poñan a traballar con feitos a prol de Lourenzá e, neste caso concreto, do mosteiro de San Salvador. “O Goberno do PSOE en España díxolle non ao mosteiro no acceso ás axudas do 2% Cultural; sempre que os senadores se interesaron sobre os proxectos para rehabilitar o monumento, o Goberno confirmou que non tiña previsión de facelo; o Executivo central chegou a prometer unha obra de rehabilitación que superaría os 2M€ con cargo ao Plan Nacional para o turismo Xacobeo 21/22 que nunca chegou a executarse”, lamenta o voceiro do PP de Lourenzá.
En contraposición a todas estas promesas socialistas incumpridas, os populares laurentinos inciden en que a Xunta de Galicia é unha administración que ten demostrado o seu compromiso con este patrimonio arquitectónico. De feito, ten realizado obras ata en tres ocasións no monumento e, por exemplo, recentemente culminaba un investimento de máis de 360.000 euros para rehabilitar a súa igrexa.
“En definitiva, a Xunta de Galicia traballa con feitos e realidades e o Goberno de España nin está nin se lles espera xa que o único que fixo foi denegar constantemente as obras, primeiro as que anunciou o PSOE e que nunca chegaron eses 2M€, segundo as que solicitou o Bispado de Mondoñedo – Ferrol por importe de 3M€ que tampouco nunca chegaron e terceiro, que teñamos constancia, o Goberno central non ten investido nin un so euro neste monasterio”, finaliza Roberto Díaz.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


