O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo foi crítico con Por Viveiro “unha candidatura teóricamente progresista que se vendeu nos brazos do Partido Popular” e reprochou que antepuxeran intereses persoais á vontade que a veciñanza manifestou nas urnas
Viveiro, 7 de marzo de 2025. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo e Presidente da Deputación provincial, José Tomé Roca, denunciou este venres en Viveiro a “xornada de transfuguismo político” que se viviu no Salón de Plenos do Concello mariñán e cualificou de “lamentable” a sesión que investiu ao PP no Goberno local.
“E lamentable o que ocorreu aquí hoxe”, denunciou o socialista, para quen vimos de vivir “unha xornada de transfuguismo político”. Foi crítico coa formación Por Viveiro, “unha candidatura teoricamente progresista que se vendeu nos brazos do Partido Popular non sabemos a cambio de que aínda, pero saberémolo”. Ademais Tomé Roca reprochou que antepuxeran intereses persoais á vontade que a veciñanza manifestou nas urnas. “Hoxe produciuse unha traizón aos veciños de Viveiro por parte de Por Viveiro e estamos convencidos de que tomarán boa nota e en dous anos dirán que queren volver a ter o Goberno que merecen”, subliñou.
Valorou ademais que “o PP está na súa salsa neste tipo de situacións, é o que lle gusta, está habituado a comprar vontades e votos para facer mocións de censura e nós o que queremos é un Goberno digno en Viveiro”. Nese sentido asegurou que “desde a Deputación imos seguir a traballar lealmente co novo Goberno, como facemos con todos os concellos” e engadiu que “por suposto” seguirán apoiando á socialista María Loureiro, “que fixo un gran traballo como Alcaldesa de Viveiro”.
Pola súa banda, Loureiro asegurou que seguirá traballando desde a oposición aproveitando a perspectiva que lle dá a experiencia de Goberno e espera que isto sirva polo menos para “desbloquear proxectos clave que a Xunta de Galicia tiña para Viveiro”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



