Foz, 25 de marzo de 2025. A Aula Universitaria da UNED en Foz dá a coñecer a súa programación de actividades para o mes de abril, que inclúe catro cursos de extensión universitaria e dous eventos culturais abertos á comunidade. A oferta formativa busca responder ás necesidades sociais e educativas da contorna, con temáticas que van dende os primeiros auxilios ata a literatura e a sustentabilidade.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “os cursos de extensión universitaria están deseñados para ofrecer formación especializada e aplicada en áreas de gran demanda. O noso obxectivo é achegar o coñecemento á cidadanía e proporcionar ferramentas útiles tanto para o ámbito profesional como para o desenvolvemento persoal”.
O primeiro curso que se impartirá será Primeiros auxilios e coñecemento do DEA en adultos, que se desenvolverá do 1 ao 29 de abril, os martes de 17:15 a 20:15 horas. Nel os participantes poderán aprender técnicas básicas de primeiros auxilios e o manexo do Desfibrilador Externo Automático (DEA), coñecementos esenciais para actuar en situacións de emerxencia. Tamén o 1 de abril comezará o Obradoiro de creación literaria, que se estenderá ata o 24 do mesmo mes con sesións de 16:00 a 19:00 horas. Este obradoiro está dirixido a persoas interesadas na escritura, que traballarán na construción de relatos e no desenvolvemento do seu propio estilo narrativo.
O 2 de abril dará comezo o curso Introdución á sustentabilidade e economía circular, que se impartirá ata o 7 de maio, os mércores de 17:00 a 19:30 horas. Neste espazo formativo abordaranse estratexias para a transición cara a un modelo económico máis sustentable, baseado na reutilización e redución do impacto ambiental. Posteriormente, o 22 de abril comezará o curso Convivencia escolar: estratexias de protección, mediación e resolución de conflitos nos centros educativos, que finalizará o 13 de maio. Esta formación, especialmente dirixida a profesionais da educación, será en horario de 16:00 a 20:00 horas e ofrecerá ferramentas para mellorar a convivencia nos centros escolares.
Ademais dos cursos de extensión universitaria, en abril celebraranse dúas actividades culturais. O día 15 ás 11:30 horas a Aula Universitaria da UNED en Foz acollerá Na busca dos ovos de Pascua, un xogo de pistas en inglés dirixido ao público infantil. Máis adiante, o 22 de abril ás 19:00 horas a Biblioteca Municipal da Casa da Cultura Salgado Toimil, de Foz, será o escenario da presentación do libro Piel de naranja, de Remedios Nieto Lorca, autora madrileña cun forte vínculo coa localidade focega.
A concelleira de Educación, Elena Martínez, subliña a importancia desta programación: “as actividades propostas reflicten o noso compromiso coa educación continua e a cultura. Apostamos por unha oferta variada que permita aos nosos veciños acceder a formación de calidade sen necesidade de desprazarse”.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden contactar coa Aula Universitaria da UNED en Foz a través das súas canles habituais: a consulta da web oficial da UNED (www.uned.es) ou o contacto a través do correo foz@lugo.uned.es e os teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



